Xa hai semanas que Cataluña, La Rioja, Madrid e Aragón decidiroon definitivamente ampliar o periodo de disfrute das vacacións e dos días por asuntos particulares correspondentes a este ano 2020, unhas Comunidades Autónomas ata o 31 de marzo, outra ata o 30 de abril e incluso unha delas ata o 30 de xuño, como vedes cada unha fixou criterios propios e nos esperaron a que lle marcase o camiño Ministerio, pero Dirección Xeral de Xustiza segue declinando exercer as súas competencias e manifestan que ainda no teñen claro en que condicións e ata cando, e moi posible que sexa ata o 31 de marzo, vai permitir ampliar o periodo de disfrute das vacacións e dos dias de asuntos particulares, ou si solo amplian o prazo para estes ultimos.
A falta de criterios propios, unha vez mais quedamos a expensas do seguidismo que realiza a DXX do que se acorda polo Ministerio, e xa estamos en decembro.
Onte na reunión que mantivemos os sindicatos en Madrid, o Minsiterio solo se mostrou disposto a aumentar ata o 31 de marzo as vacacións que por motivos xustificados non puidesen disfutarse antes do 31 de xaneiro, e solo 3 dias dos de asuntos particulares se podrían deixar ata esa data, pero non coñecemos de momento a decisión definitiva.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras