miércoles, 30 de diciembre de 2020

MUGEJU: actualización de datos de cara á vacunación da COVID-19.

Onte publicouse na WEB da Mutualidade Xeral Xudicial unha  nota informativa Vela nota MUGEJU relativa a necesidade urxente de actualización de datos de cada un/unha dos mutualistas e dos seus beneficiarios de cara á vacunación da COVID-19 pola sanidade pública correspondente.

Debemos entrar no seguinte enlace:https://sedemugeju.gob.es/datos-personales utilizando o número con letra do DNI e o número de afiliación da MUGEJU, non hai que introducir os dous últimos ceros do número de afiliación, si se dise o caso. Unha vez dentro pasaremos a modificar, se non estivesen actualizados, os datos personais, datos de contacto e datos de domicilio.

Despois de actualizados os datos recibirás na conta de correo electrónico proporcionada un mensaxe co numero de actualización e un xustificante da mesma.

Máis adiante, e no caso de resultar necesario, MUGEJU poñerase en contacto co colectivo afectado polas distintas fases de vacinación, facilitando na medida do posible medios alternativos de actualización dos seus datos.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras