Saíu publicada a Resolución do 5 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia, para o corpo de médicos forenses.
A convocatoria ten por obxecto a provisión, por concurso de traslados, dos postos de traballo xenéricos vacantes incluídos nas relacións de postos de traballo do Instituto de Medicina Legal de Galicia.
Podes consultar toda a información na ligazón do DOG e na ligazón do BOE.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras