Estos días estamos tendo reunións mediante
o sistema de videoconferencia, da Comisión Paritaria de Interinos, para tratar
o problema actual existente para cubrir as prazas que quedan desocupadas por
estar esgotadas moitas listas das diferentes provincias.
A DXX expuxo o problema existente comentando o erro que tiveran no seu día ó limitar o acceso a estas listas cos requisitos tan extremos que se pediron: experiencia mínima de 6 meses no corpo ou haber aprobado un exame dese corpo.No mes de xuño deste ano entrou en vigor a nova Bolsa, e xa no mes de xullo, decataronse do problema actual, que desde STAJ xa denunciamos con anterioridade.
Foi entonces cando se comezou a chamar a xente do SPEG, e aí comezou a odisea. O SPEG facía unha selección de candidatos arbitraria, sen ter en conta as baremacions da Orde do 2018, sen ter en conta os corpos de Gestion Procesal, Tramitacion Procesal e Auxilio Procesal como perfiles profesionais no propio SPEG e denominando os posibles candidatos como axentes xudiciais ou alguacís e técnicos xurídicos.
Ademais, as publicacions de postos non eran continuas. Nos se publicaban todalas ofertas na web do SPEG, e para máis inri, a selección dos candidatos por parte deste organismo deixa moito que desexar, incluindo persoas que ainda que non tiñan experiencia e formacion para ocupar estos postos, eran designados polo simple feito de levar moito tempo apuntado no ou ben como MELLORA DE EMPLEO.
Desde este sindicato presentamos numerosas queixas a DXX para que procedese a revisar as solicitudes que se lle remitán ao SPEG para a selección de candidatos, toda vez que, baixo o noso punto de vista, non se estaban a facer as cousas ben.
O SPEG a vista das queixas achegadas contra a sue selección previa, manifestou que a DXX lles dera unhas directrices que, a seu propio criterio, estaban a cumprir; cando recibian unha solicitude da DXX transmitiana aos seus centros territoriais de emprego a traves do REXEL ou correo electronico.
O procedemento é o seguinte: rexistrala oferta de emprego, localizar as persoas que cumpren os requisitos exisidos pola DXX, e extraer cinco candidatos que o sistema extrae segundo a data de inscricion. Para a ocupacion de postos de Xestion Procesual e Tramitacion Procesual búscanse Tecnicos de Servizos Xuridicos con nivel formativo 54 e 32, segundo o posto. En relacion os postos de auxilio xudicial búscanse persoas apuntadas como axentes xudiciais con nivel formativo de 23.
Asimismo lle piden aos solicitantes de emprego que a xente que teña aprobado algun exame das oposicion da Admon. de Xustiza dende o ano 2008 ou experiencia laboral de o menos 2 meses na Admon de Xustiza, poden anotar na sua demanda de emprego o “Perfil Administracion de Xustiza en Galicia”, que é unha dispoñibilidade especifica para estes postos.
As ofertas destas plazas son incorporadas o portal do SPEG, salvo que por urxencia ou por esgotamento de prazos non se incorporaban facendose inmediata a selección de candidatos.Aí acaba a labor do SPEG, sendo a DXX a que ten que proceder a baremacion e selección final do candidato.
STAJ a vista de que moitas das ofertas destas prazas non as vemos publicadas na web do SPEG, remitimos unha queixa por escrito tanto a DXX coma a DIRECCION XERAL DE FORMACION E COLOCACION para que todas as prazas que se soliciten dende as distintas delegacións de Xustiza sexan difundidas, tal como dispón a normativa, no portal do servizo de emprego, para que calquera persoa, que cumpra os requisitos, poida pedir a súa vinculación a oferta publicada.
Dende STAJ instamos a todos aqueles que estedes interesados en traballar na Administracion de Xustiza que acudan o SPEG da túa localidade para axustar o seu perfil segundo as directrices que espuxemos anteriormente.
Deixamos enlace ao portal do SPEG para a posible vinculación coas ofertas que vos interesen e os escritos de queixa remitidos por STAJ.
Justificante de presentación da queixa a DXX
Justificante de presentación da queixa a DXFC