viernes, 18 de diciembre de 2020

Anteproxecto de Lei de medidas de eficiencia procesual do servizo público de Xustiza: comeza a súa tramitación

O Consello de Ministros aprobou o pasado martes o anteproxecto de Lei de medidas de eficiencia procesual do servizo público de Xustiza.

Este anteproxecto, que empeza agora a súa tramitación parlamentaria, abrangue unha reforma que impulsa a resolución de conflitos fóra de xulgados e tribunais mediante instrumentos de mediación para descargar así á administración de Xustiza, ata o punto de facelo obrigatorio antes de acudir á vía xudicial. De momento a implantación dos MASC (Medios Adecuados de Solución de Controversias) quedaría reducida a asuntos civiles e mercantiles, sen prexuízo de que nun futuro poida extenderse a outros ámbitos. Quedarían excluídas as materias concursais, laborais, penais e os asuntos de calquera natureza nos que unha das partes implicadas sexa unha entidade pública.

En material procesual esta iniciativa afecta a tódolos ordes xurisdiccionais. Poténcianse as sentenzas orais en determinados procedementos, introdúcese o "procedemento testigo" e a extensión de efectos para a litigación en masa en materia de condicións xerais da contratación, tamén se reforma o xuízo verbal, no que se ampliará o ámbito deste procedemento, tanto na materia como na contía, que se eleva dende os 6.000 euros actuais ata os 15.000 euros. E modificarase o recurso de casación civil.


En relación á transformación dixital, o obxectivo é evitar o desprazamento ás sedes xudiciais da cidadanía, a estes efectos introdúcese, entre outras reformas,  a obriga de que a remisión pola Administración aos órganos xurisdicionais do expediente administrativo deba de realizarse en soporte electrónico, a celebración de vistas e declaracións que sexan preferentemente por videoconferencia e impulsarase un rexistro electrónico de apoderamentos  apud acta, que permitirá o outorgamento telemático.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras