miércoles, 25 de noviembre de 2020

STAJ reitera a solicitude de ampliación do prazo de disfrute das vacacións e dos "moscosos" ata ao 31de marzo

Función Pública do Estado ven de aprobar que as vacacións e os días por asuntos particulares, correspondentes a este ano, se poidan   disfrutar ata o 31 de marzo do 2021. Esto solo afecta a Administración Xeral do Estado.

En base ao anterior STAJ reitera mediante escrito a solicitude ao Ministerio de Xustiza e a  Dirección Xeral de Xustiza para que permitan, que as vacacións e os días de asuntos particulares se poidan disfrutar ata ao 31 de marzo polo menos. Esta decisión debe ser tomada se xeito inmediato, para que sexa efectiva, xa que a súa negativa anterior esta a provocar que se soliciten vacacións e permisos de xeito masivo. Esta ampliación tamén tivo xa lugar nas CCAA de Madrid, La Rioja e Cataluña no eido da Administración de Xustiza

Con esto evitaríamos un colapso nos xulgados durante os meses de decembro e xaneiro, xa que que son moitos os/as compañeiros/as aos que lle quedan pendentes por disfrutar moitos días de vacacións e de “moscosos”.

Quedamos a espera de que decisión toman para comunicárvola. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras