viernes, 16 de octubre de 2020

Propostas de Formación do STAJ para o ano 2021

Deixávosmos as propostas de Formación do STAJ para a convocatoria da Comisión de formación que terá lugar o día 20 de outubro de 2020 na EGAP para planificar as actividades formativas que se desenvolverán durante o ano 2021: 

Desde o STAJ interesamos unha serie de medidas, as cales consideramos redundarán en beneficio de todos. Entre todas elas destacamos as seguintes:

 -Toda formación debe de realizarse de forma que o funcionario/a non vexan como estas actividades afectan á conciliación da vida familiar, debendo realizarse en todo o seu contido en horario laboral.

-Un ano máis o STAJ solicita que rematen os desprazamentos dos funcionarios a Santiago para a realización das probas de avaliación, celebrándo as probas en tódalas cidades que conten con tres ou mais xulgados, ou de xeito telemático. Así mesmo debense aboar os custos dos desprazamentos naqueles casos en que as devanditas probas non poidan celebrarse na localidade de destino do traballador/a ou non sexan telemáticas.

-Solicitamos cursos de contido referido ao réxime disciplinario e ao acoso laboral, e cursos sobre o normativa do Rexistro Civil, sobre as reformas procesuais que se vaian producindo en tódolos órdenes xurisdicionais, debendo, cando haxa tempo, impartirse con carácter previo a súa entrada en vigor. Así mesmo os cursos que se impartan de xeito telemático deben aumentar en número de edicións e as prazas por edición.

- É necesaria la formación do persoal interino que non traballase en Galicia,  e do persoal titular que veñen nos concursos de traslado doutros territorios que non utilizan Minerva, tamén no caso de cambio de xurisdicción ou no cambio dun xulgado á Fiscalía ou viceversa. Por iso, demandamos un titor/a presencial en cada un dos órganos nos que haxa un compañeiro/a que cambiou de destino ou un novo interino/a, sendo ese titor/a do propio xulgado, e tendo que ser remunerado como xa se fixera noutras ocasións.

- Débense ofertar, ben a través da EGAP, ben por medio doutros operadores cursos ON-LINE de preparación dos temarios e dos exercicios dirixidos a superar as probas da oposición para a promoción interna e a quenda libre de forma totalmente gratuita.

Os cursos de linguaxe xurídico e linguaxe  administrativo galego deberán de ofertarse tanto a funcionarios destinados na comunidade autónoma como aos funcionarios destinados fóra dela, debendo ampliarse o número de edicións, e o número de prazas nos mesmos.

-Hai que destacar que grazas a STAJ os cursos de idiomas ofértanse a día de hoxe aos funcionarios de xustiza, petición reiterada hai anos por nós, aínda que segue sendo unha oferta insuficiente para toda a Administración pública de Galicia, e por iso solicitamos unha vez máis que deben ofertarse cursos de idiomas, (inglés, francés, portugués, alemán e lingua de signos), pero específicos para Xustiza.

Escrito completo

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras