lunes, 14 de septiembre de 2020

STAJ esixe ao Ministerio a finalización dos procesos selectivos

Segundo nos anunciou o propio  Ministerio,  está a preparar un calendario sobre datas e estado dos procesos selectivos que será publicado en breve.

Desde este sindicato, vimos esixindo reiteradamente ao Ministerio que poñan os recursos e medios necesarios para acabar dunha vez por todas con estes procesos selectivos, algúns deles con máis dunha ano de duración e que teñen en albas a milleiros de persoas, pendentes do resultado dos mesmos. STAJ considera do todo inaceptable, que a data de hoxe, ningún deles rematase. 

Entendemos a desesperada situación dos miles de opositores que están a esperar estes resultados para incorporarse (algúns deles por primeira vez) ao seu novo posto de traballo; polo que, desde este sindicato, seguiremos reclamando e esixindo ao Ministerio a resolución rápida e  efectiva destes procesos.

  
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras