lunes, 14 de septiembre de 2020

HORARIO: A DXX AÍNDA NON DECIDIU SE PASAMOS AO HORARIO DE INVERNO, NIN CANDO.

 A dous días de comenzar o horario de inverno,  de ordinario empeza o  16 de setembro, a Dirección Xeral aínda non ten definitivamente decidido sí,  como lle pedimos dende STAJ, mantén este horario especial de 6 horas continuas ou pasamos ao horario de 7 horas,  delas 6 fixas e 1 flexible. 

Resulta evidente que seguen existindo os motivos que propiciaron que se limitase a seis horas a nosa xornada laboral e sería irresponsable que se nos faga traballar mais horas, aumentando con iso o risco de contaxio  e desprotexendo con elo a nosa saúde.

Visto a convocatoria do Comité de Saúde e Seguridade  laboral para o próximo xoves dia 17 de setembro, STAJ proponlle a DXX que sexa un dos punto a tratar e polo tanto se engada a orde do día de dita reunión para  seu debate e acordo no seo do Comité.

IMPORTANTE: mentres no se decida  pola DXX, ben unilateralmente, ben na reunión, previo debate no Comite, e se publique a circular, resolución, instrucción ou  orde pertinente que modifique a duración da actual xornada de traballo, o horario que está en vigor ( 6 horas ) e o que debemos seguir cumprindo, incluso mais alo do próximo mércores día 16.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras