jueves, 13 de agosto de 2020

EGAP: hoxe empeza o prazo de inscrición para a xornada de formación práctica dixital (E-martes)

A EGAP convoca xornadas  destinadas a proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contido:  

- Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.

Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.

A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. 

Data: 1 de setembro. 

Horario: mañá e tarde. Duración: 6 horas lectivas. 5. 

Número de prazas: Persoal empregado público: 16. Cidadanía: 13

Forma de inscrición: únicamente por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula 

4. O prazo para a inscrición nesta actividade empeza hoxe e finaliza o  día 25 de agosto de 2020.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras