Rematada a
reunión coa DXX sobre vacacións, temos o compromiso do propio Director Xeral
que vai manter o programa de vacacións de
anos pasados, deixando de lado os porcentes que se regularon no ámbito ministerio.
Por certo as vacacións se poden pedir
dende xa.
De momento
non se amplia o prazo do disfrute de vacacións mais ala do 31 de xaneiro, pero
é unha posibilidade que queda pendente de valorar, e no seu caso acordar, para
despois do verán.
Con respecto
ao horario, de momento e ata o dia 21 seguirá o actual de 6 horas
fixas entre as 7:30 e as 15:00 horas, despois se verá se segue este ou
pasamos ao horario de verán, pero unha cousa ou outra se negociará nunha nova reunión.
Van a valorar a proposta de STAJ, apoiada por outros
sindicatos, de non prorratear os días de antiguidade, tanto de vacacións e días
de asuntos particulares, no caso de xubilacións e de interinos que cesen.
E decir, que solo se prorrateen os 22 dias de vacacións, e os 9 de asuntos particulares,
polo tanto os de antiguidade se poidan
disfrutar integros, no caso de xubilacións e cese de interinos con ese dereito.
Tamén se expuxo por STAJ a necesidade de compensar
aos compañeiros/as que traballan en localidades onde 1 ou os 2 dias festivos
locais caen en sábado ou domingo con dias de asuntos particulares, e de poder cambiar a
semana grande, cando por unanimidade ou maioria dos funcionarios se acorde este
cambio e se traslade á Delegación correspondente. O Director tomou nota, e dixo
que se vería con mais profundidade nunha próxima reunión de xornada e
calendario laboral.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras