viernes, 12 de junio de 2020

ACCIÓN SOCIAL 2020

Rematada a reunión de Acción Social coa DXX, comunícannos que a convocatoria deste ano 2020 publicarase no DOG nun prazo aproximado de 15 días, avisarannos cando teña data exacta.

Staj manifestou un ano máis a necesidade de ampliar a contía para repartir, non deixándose soamente para axudas á dependencia, e volvendo recuperar as axudas de estudos, fillos, etc. que había fai anos.

Como novidade este ano inclúense como beneficiarios os funcionarios de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (15/07/2019) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestaran servizos nesta comunidade autónoma e se xubilaran durante o dito período.

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguiente ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As persoas solicitantes que estean en servizo activo deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX, no enderezo web opax.xunta.es.

E soamente os solicitantes que non se atopen en servizo activo terán dúas opcións: ou ben poderán asinar e presentar a súa solicitude electrónicamente, ou ben poderán realizar a presentación imprimindo o formulario validado da solicitude, que deberá ser asinado e rexistrado, xunto coa preceptiva documentación complementaria, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras