jueves, 11 de junio de 2020

Propostas de STAJ para a reunión de mañán coa DXX.

Mañán temos reunión coa DXX para falar das vacacións, supoñemos que tamén do horario, pero a verdade é que no orde do día solo veñen as vacacións, eso sí, empezamos con este tema as 10:00 e as 10:45 estamos convocados para unha reunión do Comité de Seguridade e Saude Laboral, é decir, temos 45 minutos para tratar o programa de vacacións para este ano, esto da a entender que xa está todo decidido, que vai ser mais unha reunión informativa. A ver si esta vez non nos din unha cousa por outra.

Ainda así STAJ vai propor, entre outras cousas, que a regulación das vacacións para este ano sexa igual a de outros anos, con  respecto aos porcentaxes de persoal que debe quedar en cada órgano, a que haxa dúas tempadas diferenciadas con porcentaxes distintos, as preferencias ou prioridades para disfrutalas, a posibilidade de disfrutalas durante todo o ano, incluso mais ala de xaneiro, plantexaremos ata o 30 de abril de 2021. E por suposto non imos aceptar  que se obrigue a coller vacacións nun periodo ou mes determinado.  

Tamén imos propor que se remate coa inxustiza de prorratear, no caso dos interinos que non traballan todo o ano e no caso das xubilacións, os días por antiguidade, tanto de vacacións como de asuntos propios entre o tempo traballado nese ano. Sí, se lles poden prorratear os 22 dias de vacacións e os 9 de asuntos particulares, porque o seu disfrute e proporcional o tempo traballado ao ano, pero os de antiguidade xeneranse o 1 de xaneiro de cada ano como consecuencia de ter prestado servizos con anterioridade na cantidade de anos estipulada, e non en base do tempo que se traballe, polo que o seu disfrute é independente dos meses que traballes ese ano, podendo disfrutalos todos dende o 1 de xaneiro como fan noutras CCAA.

Imos propor de novo, xa o fixemos por escrito, que aos funcionarios/as daquelas localidades onde un ou os dous festivos locais caian en sábado ou domingo se lles compense co disfrute de un ou dous días  mais de asuntos particulares, sería discriminatorio que traballasen ata dous días mais ao ano. Esto sucede no 2020 en Cabanas de Bergantiños, Monforte, Cambados e Vigo. Cremos ademáis que na confección das semanas grandes de cada localidade debe escoitarse ao persoal e decidir en base ao que diga a maioría en caso de discrepancia,  e así o imos propor mañán.

Con respecto ao horario imos propor que se manteña este que agora temos  de 6 horas e nas  mesmas franxas horarias ata o 16 de setembro, que non se instaure horario de verán.

Insisteremos na reactivación de todas as prolongacións de xornada e que se nos diga o horario concreto que deben facer este persoal.

Solicitaremos que saian a concurso prazas que están vacantes, e non saen na relación da DXX, e aquelas na que o titular ten solicitada a súa xubilación ata o 31 de agosto. 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras