lunes, 8 de junio de 2020

STAJ INFORMA: REUNIÓN DE HOXE COA DXX.

Rematada a reunión co Director Xeral para falar da Resolución que  adaptará a Galicia a Orde do Ministerio sobre a desescalada na FASE 3 da Administración de Xustiza.
STAJ propuxo mellorar o borrador, que xa dimos a coñecer, coas seguintes propostas e melloras:
-          Limpeza constante, exhaustiva e diaria con dotación de persoal permanente nas sedes xudiciais durante todo o horario incluíndo as quendas de tarde, e especialmente nos xulgados, oficinas e servizos que mais público reciben, asi como nas salas de vistas cando haxa xuizos.
-          Dotación por xulgados , oficinas e fiscalías de EPIs con antelación é en cantidade suficiente para dotar durante varios días a todo o persoal.
-          Suministro de mamparas de separación, de pantallas ( faltan en moitos sitios como nos xulgados de A Coruña, en Ourense, en toda a Audiencia de Pontevedra que non hai ningunha) de mostradores para os SCNE e outros servizos e oficinas, de cintas extensibles que corten o paso ao público e profesionais naqueles sitios que sexan necesarios.
-          Dotación de mais liñas  e sobre todo  de termináis telefónicos para evitar o seu uso por varias persoas.
-          Debe contarse cun férreo control de acceso e de presencia nas sedes xudiciais, con cita previa.
-          Horario de teletraballo igual que o presencial. Regulación do teletraballo para que sexa unha ferramenta  de traballo definitiva. Débese manter o horario actual de 6 horas pola mañan a ta o 15 de setembro para todas as oficinas e xulgados, e non instaurar, este ano, o horario de verán ordinario
-          Posibilidade de manter os permisos por deber inexcusable mais alo do fin do estado de alarma, como se recolle na Orde do Ministerio e que no borrador se quitou, para aquel persoal que non poida conciliar nin coa quenda de tarde, nin co teletraballo, e  ata que abran garderias, centros de dia, etc. Este persoal debe xustificar que non pode teletraballar nin acudir ás quendas de tarde.
-          Que se busque unha fórmula para nombrar interinos naqueles xulgados onde solo hai un auxilio e este teña un permiso por deber inexcusable, o que impide  nombrar un  interino según a Orde que regula estas designacións e polo tanto non contan con ninguén.
-          As vacacións nin o seu disfrute non están suspendidas, polo tanto ningunha Delegación pode decir que no se van a conceder ata a nova normativa, sexa cal sexa, pois temos una normativa en vigor e se pode pedir e conceder pola Resolución de vacacións do ano pasado.
-          Pedimos se reactiven as prolongacións de xornada. E que se lle paquen aos xulgados de Violencia, como o de Vigo, que seguiron, a forza, facendo mais horario durante todo o estado de alarma.
-          Que se recolla o dereito de cobrar as prolongacións de xornada que se fixeron ata o 13 de marzo, prorrateando a súa duración, ou se compute ese tempo e se permita unir ao que se poida realizar este mes para unindo ambos periodos, cumprir o periodo mínimo para cobrar unha mensualidade.
-          Que se nos pasen as prazas que van a ir para o concurso, e se manden ao Ministerio para agilizar o proceso. Nelas deben estar as prazas que se ían a crear en algúns xulgados, para ampliar planteis.
-          Que se empece a  nombra ou designar xa, con carácter xeral, persoal interino, e se saquen prazas para Substitucións e Comisións de Servizos
-          Que se negocie xa a Resolución de Vacacións para Galicia, STAJ pide unha regulación idéntica a de outros anos e a ampliación do periodo de disfrute ata finais de abril de 2021.
-          Reunión inmediata do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Contestación do Director as propostas de STAJ e demáis sindicatos:
-          A limpeza vai ser constante durante toda xornada nas zonas comúns e nas salas de vistas canda haxa xuizos. Tamen se vai realizar limpeza entre quendas.
-          Van mandar protectores para os micrófonos
-          O horario do teletraballo será o mesmo que o presencial.
-          As mamparas irán chegando durante esta semana, se lle mandarán pantallas de inmediato a aquelas sedes as que non chegaron de momento.
-          Con respecto a ampliación de liñas e termináis telefónicos están nelo e en breve empezaran a chegar ali onde se soliciten.
-          Mostradores e cintas extensibles que corten o paso chegarán ali onde se pidan pero con certo marxen de tempo.
-          En canto ao persoal sensible que xa está recibindo o informe da empresa Caultis, despois terá que valorar dito informe o Servizo de Prevención e adaptar o posto de traballo ( quenda de tarde, teletrabalo, traballo en horario de mañán pero apartado do público e/ou compañeiros/as, etc), no caso de que ese informe recomende que se lle conceda unha incapacidade temporal, entendemos que sería suficiente acudir  ao medico de cabeceira con ese informe para que asinase a baixa laboral do funcionario/a.
-          Respecto dos permisos por deber inexcusable consideran que o día 21 rematan, salvo aqueles que non poidan nin teletraballar nin acudir na quenda de tarde, lembremos que os centros de dia e garderias están pechados ata setembro, por eso deberán pedir o permiso de novo  a partires do día 21 de xuño e acreditar a imposibilidade de acudir de tarde ou teletraballar.
-          Concurso de traslados, están terminando de realizar as listas de prazas vacantes, intentarán pasarnolas aos sindicatos esta semana.
-          Reactivanse os chamamentos de interinos dende este mércores mesmo, e en breve se poderán publicar novas prazas para substitucións e comisións de servizos.
-          O xoves publícase no blog a reforma da regulación das substitucións, o de eliminar os 15 días para cese na substitución , e o de penalizar a renuncia as prazas obtidas en substitución.
-          En breve se convocará a Comité de Seguridade e Saúde.
-          As prolongacións de xornada actívanse de novo dende xa e vanse a pagar a partires de hoxe mesmo se así se certifican.
E as que se realizaron ata o 14 de marzo van estudiar o que poidan pagalas proporcionalmente, se están certificadas.
Respecto das realizadas nos xulgados de violencia durante o estado de alarma, primeiro dixo que as ían a pagar, despois xa non o tiña claro, quedou en estudiar o caso, sempre que houbese certificados dos LAJs, parece que as habilitacións lle cheguo hoxe unha orde de non pagalas. Xa veremos como queda a cousa.
-          VACACIÓNS E HORAIO DE VERÁN: Imos ter unha Mesa o mercores ou o xoves e adelántanos unha proposta para esa Mesa: En xuño, xullo e setembro o 70% do persoal traballando e o 30% de vacacións.
En agosto do 1 ao día 11, o 30% traballando o 70% de vacacións, e do 11 ao 31 de agostao o 20% traballando e o 80% de vacacións.
STAJ rechazou de plano a proposta e solo apoiaremos unha regulación da vacacións como a de anos pasados. Eso sí recoñeceu algo que xa vos dixemos, NON PODEN IMPOÑERNOS AS VACACIÓNS, poden negarche un periodo que pidas pero non obligarte a collelas cando eles queiran.
Valoran regular un horario de verán ou non, durante a fase 3.


AO LONGO DA TARDE NOS PASARÁN O ANEXO COS XULGADOS E DEMAIS OFICINAS ONDE SERÁ POSIBLE FACER QUENDAS DE TARDE, QUE SERÁN VOLUNTARIAS E SOLO POR CUESTIÓNS DE SEGURIDADE.

Deixamos o borrador:



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras