lunes, 8 de junio de 2020

Resolución definitiva sobre a desescalada na FASE 3

Achégase resolución de 8 de xuño de 2020 relativa á Fase 3 do Plan de desescalada, acompañada do anexo (diferenciado por provincias) que se indica no punto 5 da resolución.
As diferencias con respecto o borrador son as seguintes:
- A solicitude inicial ou renovación do permiso por deber inexcusable realizarase a través do OPAX.
- A xornada diaria de teletraballo comprenderá unha franxa de seis horas entre as 7:30 e as 15:00 horas; nesta franxa de seis horas terá a obriga de encontrarse a disposición telefónica.
Deixámosvos a resolución completa:
1.  Obxecto.


O obxecto da presente resolución é regular a fase 3 do Plan de desescalada para a Administración de xustiza ante a COVID-19 no que se refire ao persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

2.  Activación da fase 3.


A fase 3 do Plan de desescalada para a Administración de xustiza, de acordo co previsto na Orde JUS/504/2020, do 5 de xuño, actívase con efectos do día 9 de xuño de 2020.

3.  Incorporación do persoal.


A activación da fase 3 supón a incorporación ao traballo do 100% dos efectivos que constitúen as dotacións de persoal dos distintos órganos e servizos da Administración de xustiza.

4.  Xornada diaria de traballo.


Con carácter xeral, e sen prexuízo das especialidades correspondentes ao servizo de garda e rexistro civil, nesta fase 3 a xornada diaria de traballo comprenderá unha quenda de mañá de seis horas entre as 7:30 e as 15:00 horas. Esta quenda, en todo caso, requirirá a presenza efectiva do persoal no horario de atención ao público.

5.  Establecemento de quendas de tarde.


O establecemento de quendas de tarde será determinado exclusivamente pola necesidade de atender aos criterios das autoridades sanitarias necesarios para facer fronte á COVID-19, de acordo co previsto no anexo III da Orde JUS/394/2020, do 8 de maio.

Neste sentido, nas revisións realizadas dos espazos de traballo en relación coas distancias de seguridade e o persoal que realiza a súa actividade nos mesmos, identificáronse varios órganos nos que resulta necesario habilitar a quenda de tarde nesta fase 3 para garantir as medidas de protección adecuadas. Sen prexuízo da posible habilitación de medidas que resolvan esta situación, e entrementres estas se fagan efectivas, nos órganos que figuran no anexo a esta resolución poderanse establecer quendas de mañá e tarde.




Mentres se produce a correspondente valoración da situación do traballador, este non poderá ser chamado a prestar servizos de forma presencial. Non obstante, estes funcionarios, sempre que existan medios materiais para facelo así, prestarán os seus servizos na modalidade de teletraballo, no mesmo horario habitual no que estiveran a desenvolver o horario presencial antes da declaración do estado de alarma.

A xornada diaria de traballo comprenderá unha franxa de seis horas entre as 7:30 e as 15:00 horas; nesta franxa de seis horas terá a obriga de encontrarse á disposición telefónica.

8.  Realización de funcións mediante teletraballo.


Os funcionarios voluntariamente acollidos á modalidade de teletraballo poderán  prestar servizos á distancia sen acudir de maneira presencial ao seu centro de destino, sempre que previamente mediara solicitude ou visado do responsable funcional de cada órgano ou unidade para cada caso concreto e se autorice o acceso correspondente.

Os responsables funcionais de cada un dos xulgados, fiscalías, servizos ou unidades poderán comprobar telematicamente a veracidade e efectividade dos servizos prestados na modalidade de teletraballo.

A xornada diaria de traballo comprenderá unha franxa de seis horas entre as 7:30 e as 15:00 horas; nesta franxa de seis horas terá a obriga de encontrarse á disposición telefónica.

Darase preferencia no acceso ao teletraballo aos funcionarios con especial sensibilidade fronte á exposición á COVID-19 e a aqueles que teñan permiso concedido por deber inescusable. Cando conclúa o permiso por deber inescusable, os funcionarios que teñan fillos menores de catorce anos ou persoas dependentes ao seu cargo seguirán mantendo esta preferencia.

En ningún caso poderán prestar simultaneamente os seus servizos en modalidade de teletraballo máis do 40% dos funcionarios de cada órgano ou unidade, nin máis do 40% dos funcionarios do corpo de auxilio xudicial de cada partido xudicial. De haber máis candidatos para a prestación do servizo na modalidade de teletraballo ca as porcentaxes expostas, ao se estableceren as quendas rotatorias terase en conta, en todo caso, a cobertura dos sinalamentos e do resto de actuacións presenciais ou telemáticas que se deban celebrar cada día.
Todos os funcionarios que presten servizos na modalidade de teletraballo, agás os funcionarios con especial sensibilidade fronte á exposición á COVID-19 e os que teñan permiso concedido por deber inescusable, deberán acudir de xeito presencial ao seu posto de traballo en xornada de mañá ao menos dous días á semana. Esta obriga poderá ser exceptuada, en todo ou en parte, polo superior funcional correspondente.

9.  Vacacións e permisos.


Os restantes permisos e licenzas dos empregados públicos, entre os que expresamente se inclúen os días de vacacións, os asuntos particulares e mais os asuntos propios, manteñen intacta a súa efectividade e os criterios da súa devindicación.

10.    Entrada en vigor.


A presente resolución entrará en vigor o 9 de xuño de 2020.







STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras