Esta mañá realizouse
reunión por videoconferencia entre o Ministerio de Xustiza (Secretario de
estado) e os Sindicatos representativos (STAJ, CSIF, CCOO, UGT, CIG e ELA). Nesta reunión continuadora da
anterior, aceptáronse varias das propostas de
STAJ e concluíu cos seguintes puntos destacables:
O Ministerio insiste en
que a súa intención é buscar solucións para garantir a adopción de medidas para
preservar a saúde do persoal e non a de modificar as condicións de traballo.
O Ministerio ofrece as
seguintes medidas:
- Lembrar que nesta
primeira fase da desescalada está
prevista a reincorporación presencial aos xulgados dun 33% do persoal.
- Entre hoxe e mañá vai
pasar o documento de Guía de saúde laboral para esta situación excepcional.
Documento que será obxecto de discusión e debate noutra reunión o vindeiro
mércores.
- Considérase
imprescindible que se dote ao persoal dos medios necesarios previstos por
sanidade para a realización do seu traballo diario. Vai determinar un Protocolo
de actuación no que quen non teña medios
EPI no seu centro de traballo poida ausentarse do mesmo.
- É imprescindible a
desinfección dos centros de traballo, entre o inicio e o fin de cada xornada,
co que se desaconsella sanitariamente
establecer xornadas de traballo continuas de longa duración. (por exemplo de 8
mañá a 8 tarde como propoñía inicialmente o Ministerio).
- Por iso faise necesario
establecer determinadas quendas de traballo por medidas de seguridade sanitaria
e evitar a aglomeración de funcionarios no posto de traballo que non permitan
respectar as medidas de seguridade esixidas.
- Estas quendas de
traballo unicamente serán necesarios cando o número de persoas que acudan pola
mañá ao centro de traballo faga imposible respectar as medidas de seguridade
sanitarias de separación. Serán os equipos de avaliación de cada CCAA as que
determinarán se se cumpren ou non esas medidas sanitarias.
- O horario das quendas
está por determinar, aínda que o da quenda de mañá será
, case con seguridade, de seis horas (falta por
determinar a parte flexible deste horario para evitar aglomeracións de entrada
e saída) e a xornada de tarde será con compensación horaria, como xa
esixiu STAJ na reunión da semana pasada.
É dicir, de 4.30 horas (falta por determinar igualmente os horarios de parte
flexible desta quenda)
- O persoal da quenda de
tarde será principalmente voluntario. A
organización establecerase en cada centro de
traballo.
- A duración máxima destas
quendas será de tres meses despois de
finalizado
o estado de alarma. En cuxo momento se volverá ao réxime
de
traballo ordinario.
- En canto á mobilidade
funcional á que nos opoñemos rotundamente,
manifesta o Secretario de Estado que é absolutamente excepcional e que
unicamente virá
motivado naqueles supostos de que o número
de funcionarios dun xulgado acollidos ao réxime
de exención
por deber inescusable ou calquera outra causa fagan imposible manter funcional
ese xulgado. Pero reiteran a excepcionalidade da norma.
- Respecto a os horarios
do Rexistro Civil, están a mirar de modificalo e vano a facer en función das
novas cifras de falecidos que se van producindo. En conto entendan que o
traballo xa se pode levar co horario
habitual, modificaranno. Que eles tampouco queren mantelo máis tempo do urxente.
- A idea con esta serie de
medidas en regular un marco xeral de aplicación, no que posteriormente en cada
ámbito territorial competente regule máis especificamente.
- En canto ás fases
da desescalada, o Ministerio quere
chegar a un documento acordado cos sindicatos presentes na Mesa que afectaría á
primeira fase, xa que as seguintes fases terán en conta as recomendacións de
sanidade e o estado da pandemia en España.
Ver fases propostas polo Ministerio
Desde STAJ insistimos en que a prioridade debe ser
sempre a saúde, e por tanto debe garantirse polo Ministerio a dotación de EPIs e test de diagnóstico a todos os
funcionarios, ademais de elementos de protección como biombos e similares.
Polo que respecta ao
establecemento de quendas de tarde, desde
STAJ volvemos a insistir na súa inutilidade na maioría de casos, por
canto salvo excepcións, e sobre todo nas primeiras fases, atendendo ás
porcentaxes de presenza e ás dimensións físicas de moitas oficinas será posible
o distanciamento entre postos de traballo sen necesidade de dividir as quendas,
ou acometendo leves actuacións como colocación de elementos separadores, por exemplo.
Ademais, se se logra unha
porcentaxe aceptable de funcionarios en teletraballo, a presenza pode ser aínda
menor e por tanto, completamente innecesario a quenda de tarde en gran parte
dos órganos xudiciais.
O mesmo sucede con aqueles
órganos con pouco persoal dispoñible, onde igualmente a distancia entre postos
de traballo é suficiente e por tanto as tardes son innecesarias.
Polo que respecta aos
horarios, desde STAJ insistimos en que a
xornada de mañá non debe exceder de 6 horas, permitíndose a súa prestación
nunha franxa que permita a flexibilidade, e as tardes cunha compensación de
horario reducido, permitindo así un tempo entre quendas que permita realizar
labores de limpeza e desinfección, ademais de evitar aglomeracións á entrada
dos edificios. Así mesmo esiximos que coa realización de calquera das quendas
debe entenderse realizada a xornada diaria completa.
En canto ás quendas,
igualmente esiximos voluntariedade e flexibilidade, así como autoorganización e
acordo entre o persoal de cada órgano (nunca imposición de xuíces ou LAJs), e en canto non fose posible, o establecemento
de quendas rotatorios.
En canto á
mobilidade, STAJ mostrou o seu absoluto
rexeitamento, por canto o que debe facer o Ministerio e as CCAA é utilizar os
servizos de apoio e nomear persoal de reforzo para atender as continxencias que
se poidan presentar.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras