domingo, 3 de mayo de 2020

Achegas de STAJ para a video reunión de mañán Ministerio-Sindicatos

Tal como vos anunciamos o pasado xoves STAJ presentou onte as alegacións por escrito ao Ministerio, para a reunión por videoconferencia de mañán. Despois do correspondente debate interno e en liña ao manifestado na reunión do xoves pasado:

STAJ oponse a traballar sen as medidas e os medios de protección necesarios, ainda que o Ministerio fixo unhas mínimas reparticións que foron totalmente insuficientes, tivemos  contagios que se poderían evitar se houbese medios de protección individual e colectiva dende o principio. Denunciamos esta falta de medidas e non imos aceptar neste proxecto de  desescalada que se siga poñendo en risco a saúde de todo o persoal de Xustiza.

STAJ oponse ao establecemnto de quendas de mañana e tarde. Isto que se pretende en Xustiza non se impuxo en ningunha outra Administración nin colectivo público ao día de hoxe, colectivos que tamén están a traballar con servizo mínimos  dende o establecemneto do Estado de Alarma. Por que en Xustiza? Para que así poidan cobrar xuíces e fiscais, porqué a eles si lles van a pagar, por facer xuízos pola tarde?. Temémonos que o que se pretende é abrir a porta para que nun futuro se nos poida impoñer a xornada partida. Dende logo non son necesarias as quendas para protexernos do contaxio, entre baixas, teletraballo, exencións, permisos e vacacións, en ningún sitio vai ser necesaria esa medida para separar ao persoal.

STAJ rechaza a movilidade funcional que se nos quere impoñer sen ningunha concreción nin garantías, pois nun contexto como o actual con plantillas menguadas, período de vacacións, etc... pode convertirse nunha ferramenta de abuso sin precedentes, a discreción do que determinen LAJ’s, e Secretarios Coordinadores Provinciais.

Deixamos a continuación o escrito integro que onte lle remitimos ao Ministerio, no que lle expoñemos e fundamentamos a nosa posición de cara a reunión de mañan:

Os funcionarios da Administración de Xustiza desexamos que se restableza a normalidade canto antes, e que nos poidamos reincorporar aos nosos postos para poder facer fronte ao traballo, como sempre fixemos. Lembrando que os xulgados non se pecharon e seguimos atendendo o servizo público a pesar de que apenas contamos con medidas de protección, cousa que  puxo en risco a nosa saúde e a dos demais. O noso compromiso coa Xustiza e co servizo público esencial que prestamos debe ser compatible coa preservación da saúde, e co respecto polas condicións de traballo que conseguimos a base de loita colectiva e moito esforzo.

Por iso non podemos seguir sen esta protección imprescindible para parar esta pandemia, e sendo prioritaria a saúde, tal e como se indica desde o propio Goberno,  dende STAJ plantexamos: .

Primeiro: Que se garanta a dotación de medidas e medios de protección a todo o persoal de Xustiza.
Como non pode ser doutra maneira, todas as medidas e fases sucesivas de  desescalado cos incrementos de dotacións previstos polo Ministerio de Xustiza, anunciadas na reunión, deben supeditarse á evolución favorable da pandemia. E por tanto  STAJ esixe que se tomen as medida seguintes:

1.- Débese ter en conta as cidades con maior índice de coronavirus para adecuar estas cidades a unha menor porcentaxe que se fixe no  desescalado, por exemplo Madrid e Barcelona, entre outras.

2.- O Ministerio debe  incluír  na súa Resolución un compromiso explícito e inequívoco de dotar a TODAS AS PERSOAS que presten servizo de forma presencial de Equipos de protección individual, non só aos que realizan servizo de garda, atención ao cidadán e Rexistros civís. Con maior razón agora que se incrementará en fases sucesivas o número de funcionarios que deberá prestar servizos presenciais.

3.- Nesa  Resolución debe constar que se exima do deber de prestar servizos presenciais cando non se lles proporcionen as medidas de seguridade, de maneira que o traballador non se incorporará  ata tanto en canto non se lle proporcionen medios  EPI.

4.- Controlar o acceso aos edificios xudiciais, aforo de entrada e saída para garantir as distancias de seguridade. Evitar todo movemento que non sexa imprescindible. Dar medidas de protección para o acceso ás sedes xudiciais.

5- Dotación de escáneres de detección de temperatura corporal nos accesos ás sedes xudiciais, para impedir que accedan quen presente síntomas compatibles con  Covid-19.

6.- Limpeza exhaustiva de postos de traballo, zonas comúns e material compartido antes de entrar a traballar, lembrando que se comparten teléfonos, fotocopiadoras,  scanner etc…

7.-- Limpeza e cambio de  filtros sistemas de ventilación/climatización e garantir o correcto funcionamento nos meses estivais de todos os aparellos que forman parte deses sistemas.

8.- Establecemento dun Protocolo específico de realización das probas de detección mediante tests  PCR ao persoal xudicial que presente síntomas compatibles con  Covid-19, que estivese en contacto estreito con persoa diagnosticada, etc.

E  todas aquelas outras medidas que contribúan a preservar a saúde do Persoal ao servizo da Administración de Xustiza, Maxistrados, Fiscais así como os profesionais e cidadáns, evitando o contaxio polo coronavirus. 


SEGUNDA: Rexeitamos o establecemnto de quendas de traballo :

1.- Tras finalizar a xornada de traballo as instalacións xudiciais deben ser hixienizadas e  desinfectadas. Iso implicaría realizar ese traballo ao finalizar a quenda de mañá antes da incorporación da quenda de tarde e unha segunda limpeza ao finalizar este último. O Ministerio de Xustiza non ten en conta nin fai ningunha previsión para o aumento necesario de persoal de limpeza e desinfección, nin tampouco sobre o persoal de seguridade nos accesos á sede xudicial nos horarios que incluíu no  RDL, só pretende que traballemos pola tarde, sen pensar na nosa saúde e seguridade .
En todo caso debe garantir a seguridade de acceso aos edificios, lembrando que algúns xulgados carecen de vixilancia como os xulgados de Paz.

2.- O Ministerio non ten en conta a flexibilidade, fai coincidir todo o persoal á mesma hora no acceso e saída coas aglomeracións consecuentes no transporte público e ante os sistemas ou reloxos de fichaxe instalados en moitas sedes xudiciais para o control horario. Uso de ascensores cunha limitación clara pola distancia de seguridade, etc…

3.- O Ministerio non aclara o cálculo das porcentaxes para esas quendas, entre outras cousas porque non facilitou ningún documento provisional como é o seu costume. Descoñecemos se son sobre a base do persoal teórico ou sobre persoal real, é dicir, descontando permisos por deber inexcusable, baixas por  Its, prazas non cubertas, vacacións, etc. 

Non podemos aceptar facer quendas ao pasar ao 33% do persoal dun xulgado cando iso pode supoñer 2 ou 3 funcionarios, o que deixa patente que non é necesario a quenda de tarde.

4.- O establecemento de quendas coincidiría co período estival no que os funcionarios pedirán o goce das súas vacacións, co cal quedarán menos efectivos de persoal dispoñibles. Non é necesario a quenda de tarde.

5.- As temperaturas de moitas cidades en período estival son  elevadísimas e moitos edificios xudiciais non cumpren os mínimos requisitos para poder prestar servizo nestas condicións, están por encima en graos dos parámetros fixados por prevención de riscos.

Para contribuír a un menor tempo de coincidencia de persoal traballando durante a xornada de traballo, e ao contrario do que pretende impoñer o Ministerio establecendo as 8:00 horas como inicio da xornada, propoñemos maior  flexibilización nas entradas e saídas  de forma graduada a fin de evitar aglomeracións nunha única hora tanto á entrada como á saída dos centros de traballo, así como nos mecanismos de control horario, todo iso seguindo os criterios de Sanidade e tamén de transporte público que recomendan que en centros de traballo con número elevado de personas traballando se establezan quendas de entrada e saída en varias franxas horarias diferenciadas. Por iso, propoñemos que para a realización do horario actual de traballo, 6 horas, se habilite a entrada aos centros de traballo a partir das 7'30 da mañá ata as 15 horas da tarde, cubríndose desta maneira de forma graduada a totalidade da franxa horaria,  e non se obrigue a todo  o persoal a entrar  e saír todos xuntos ás mesmas horas.

Se na última fase de  desescalado fose necesario, exclusivamente por razóns de saúde, prolongar a xornada máis aló das 15 h esta prolongación únicamente poderá ser voluntaria e retribuída.

TERCEIRO.- Rexeitamos a mobilidade funcional:
Se faltan efectivos por razóns de saúde, permisos, vacacións, etc… que se nomeen reforzos, as plantillas en moitos xulgados xa quedaron obsoletas dende hai anos, demostrouse que son insuficientes e agora aínda máis. O  Ministerio debe plantexarse incrementar o persoal dos órganos que se van a ver saturados coa mesma prontitude que tivo para amortizar persoal cando descendeu a cociente de asuntos. 
O corpo de Auxilio Xudicial en moitos destinos é 1 funcionario, é imposible asumir horarios partidos e realizar as súas funcións.

Solicitamos que se reforcen as plantillas naqueles destinos onde aumente o traballo pola situación de crise producida por esta pandemia. 

En conclusión, rexeitamos o establecemento de quendas por ser unha medida ineficaz e innecesaria, así como a mobilidade funcional manifestando que ofrecemos toda a nosa colaboración para alcanzar as mellores condicións para o  desescalado e dar o correcto servizo público, dentro das garantías de saúde imprescindibles na loita para frear esta pandemia.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras