lunes, 4 de mayo de 2020

A Sala de Goberno do TSXG establece o sistema de preferencia de trámite e resolución dos asuntos xudiciais

Dispón que a partir de hoxe, e mentres se manteña o estado de alarma, tramitaranse e resolverán de forma preferente os seguintes asuntos:

·         Os procedementos nos supostos de servizos esenciais.
·         A impugnación dos  ERTEs a que se refire o artigo 23 da Real Decreto-Lei 7/2020, do 17 de marzo, que se tramitará conforme á modalidade procesual de conflito colectivo.
·     O procedemento especial e sumario en materia de familia regulado nos artigos 3-5 da Real Decreto Lei 16/2020, do 28 de abril (que se manterá con este carácter preferente ata tres meses despois da finalización do estado de alarma).
·     Os incidentes concursais e demais actuacións previstas no artigo 14 da Real Decreto Lei 16/2020, do 28 de abril (que se manterá con este carácter preferente ata que transcorra un ano desde a declaración do estado de alarma).


Durante este período temporal, segundo resolveu a Sala de Goberno do Tribunal Superior, tramitaranse e resolverán os demais procedementos na medida que non o impida a suspensión dos prazos procesuais.
VER A NOTICIA COMPLETA

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras