martes, 5 de mayo de 2020

Notificadas en Galicia durante o estado de alarma máis de 8.000 resolucións finais.

Os órganos xudiciais galegos notificaron entre o 14 de marzo e o 28 de abril 8.268 resolucións que poñen fin a procedementos en curso. Delas, 160 foron comunicadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG); 630, polas audiencias provinciais; 5.223, polos xulgados unipersoais das sete cidades galegas; e 2.255, polas unidades do resto de partidos xudiciais. En total, os órganos xudiciais da comunidade autónoma notificaron durante ese período 1.942 sentenzas, 1.399 autos e 833 decretos, todos eles de conclusión de casos. Ademais, remitiron ás partes interesadas 4.074 providencias e 20 resolucións que dan por finalizados asuntos (sentenzas, autos ou decretos), pero que aparecen catalogadas na aplicación Minerva como “documentación indeterminada”.

Por cidades, A Coruña 1.278, Vigo 991, 824, Pontevedra, Lugo 679, Ourense 539, Santiago 486 e Ferrol 426.

A suspensión, desde o 16 de marzo, das actuacións xudiciais non urxentes nos órganos da comunidade, así como dos prazos procesuais, provocou durante os primeiros días de vixencia do estado de alarma unha paralización nas notificacións. Con todo, o pasado 24 de abril a Comisión de Seguimento da crise sanitaria  COVID-19 do TSXG recomendou que os xulgados e tribunais galegos de todas as ordes xurisdicionais notificasen as resolucións ditadas en todos os procesos en curso, tal e como se recollía na circular do Ministerio.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras