miércoles, 6 de mayo de 2020

Reunión de hoxe co ministerio: adianto do que se tratou.

ADIANTO DO QUE DEU DE SÍ A REUNIÓN DE HOXE CO MINISTERIO DOS SINDICATO STAJ, CSIF,CCOO,UGT,CIG e ELA.

Respecto das fases da desescalada. xa se están tratando flecos do documento que esta tarde nos van pasar que será case definitivo, TRATARASE NA SEGUINTE REUNIÓN QUE SERÁ MAÑÁN.

Avanzamos algunhas cousas que son importantes:

- Que na primeira fase non haberá quendas de tarde para ninguén.
- Non haberá segunda fase ata que non se faga avaliación de riscos nos centros de traballo.
- Os que estean teletraballando deberán facer tamén os quendas presenciais.
- Non se levantarán os prazos procesuais ata a terceira fase.
- Na cuarta fase desaparecen as quendas.
- Non se pasará dunha fase a outra ata que sanitariamente sexa posible.
- Nesta primeira fase os que teñen deber inescusable seguirán gozando del,  nas seguintes fases aínda está este tema sen decidir.

Das quendas. Igualmente estan discutiendose flecos,  determínase que a quenda de tarde só dará comezo na segunda fase. Sen data, como dixemos anteriormente. O documento será moi conciso e establecerá que só se abrirá pola tarde cando sanitariamente sexa imposible respectar as distancias pola mañá.
A quenda  de tarde será de 4.30 horas sin  atención ao público nin a profesionais. A quenda de tarde cubrirase co 20 por cento do persoal do xulgado, cando sexa necesario abrir a tarde, o resto de mañá, Digo igual que no anterior punto esta tarde mándannos o texto para debater mañan na reunión e fixar o definitivo.

Con respecto á guia de saúde, STAJ foi o único sindicato que chegou á reunión coas alegacións feitas e presentadas. Polo que se emprazou ao resto de sindicatos a facer alegacións e presentalas no día de hoxe. A petición a nosa incluíran na avaliación aos comités de saúde e seguridade. Mañán debatirase todo cando os demais sindicatos presenten as alegacións.

POLA TARDE FAREMOS UNHA NOTA MAIS AMPLA, COÑECENDO XA O PLANTEXAMENTO POR ESCRITO DO MINISTERIO.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras