Como
xa vos informamos os sindicatos STAJ, CSIF, CCOO, UGT, CIG e ELA temos nova reunión por videoconferencia co
Ministerio para tratar horarios, porcentaxes de presencialidade, posibles
quendas de tarde e medidas e medios de
seguridade nos xulgados a partires da semana que ven (respecto deste último
punto onte a noite remitíronnos un borrador do que quere tratar).
A
videoconferencia comezou as once da mañana, nela defenderemos as alegacións que
xa lle trasladamos ao Ministerio o pasado día 03-05-2015 e das que vos
informamos en noticia dese mismo día.
Moitos
puntos dos que se decidan en Madrid entrarán en vigor en Galicia tal como ali
se dispoña, outros poderemos
concretalos e adaptalos a Admón. de Xustiza
de Galicia coa Dirección Xeral, esperamos que en breve nos chame para tratalo
nunha reunion e non o faga unilateralmente como nos ten acostumados, recordamos
que desde o inicio do estado de alarma pedimos en reiteradas ocasión estar
presente na Comisión de seguimento do TSXG como representantes do colectivo
máis numeroso e afectado polas decisión que nela se adoptan e en ningún momento
se nos deu acceso, agora non pode seguir pasando o mesmo xa que os acordos que
te tomen rexirán as nosas condicios laboráis e de saude durante tres meses
desde o fin do estado de alarma.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras