Hoxe as 11 da mañán
tivemos mediante videoconferencia a “reunión informativa”, que non negociación,
coa Direción Xeral de Xustiza. Con anterioridade, sobre as dez e pico da mañan,
mandáronnos un borrador, agora xa definitiva, da resolución que queren publicar
con efectos de mañán martes dia 12.
A Resolución é un calco
do acordado en Madrid, con  un cambio: que de xeito xeral só
prestara servizo presencialmente o 30% do persoal de cada Xulgado, Fiscalía,
Oficina ou Servizo xudicial, así como os Imelga no referente aos corpos xerais.
Só hai dúas excepcións: nos Xulgados de Violencia exclusivos, e nos do resto
das 7 grandes cidades galegas, nos que a dotación será do 40% do persoal, e no
caso dos Xulgados de Paz, con independencia dos funcionarios da plantilla, só
irá un por día, non hai porcentaxes. No caso de estaren de garda os
xulgados de Violencia, de Instrucción e de Primeira Instancia e Instrucción
(estes últimos que non conten co Rexistro Civil) será suficente co persoal de
garda que terá o horario xeral das gardas.
A quenda
de asistencia dos funcionarios do corpo de auxilio xudicial , entendemos que
deben estar o 30%,establecerase en función dos destinados en órganos do mesmo
tipo en cada partido xudicial, sempre que exista máis dun de cada tipo. En caso
contrario, deberán acudir un día de cada dous. Entendemos que os Auxilios non
están incluidas nos integrantes de cada órgano que se enumeran nas táboas por
provincia, polo que deberán de xeito voluntario e por
acordo entre eles facer quendas do 30% ou seran os letrados quen a fagan
. En definitiva hai dúas quendas un 30% de cada órgana que afecta a
Xestores e Tramitadores e outra que afecta ao 30% dos auxilios de cada
grupo de órganos do mesmo tipo e cada localidade.
Os Rexistros Civís
poderán contar con todo o seu plantel, traballar  ao 100%, pero só se o
pide e xustifica o Letrado do mesmo ou o Secretario Coordinador e a DXX lle da
autorización. Temos o compromiso do Director Xeral de que esto non vai a
suceder. Tamén temos o seu compromiso de arranxar coa Secretaría de Goberno a
certificación, e por tanto o pago das quendas dos Rexistros Civís nos que os
letrados se negaron a certificar as mesmas durante o estado de alarma, xa
veremos.
Nos xulgados de Primeira
Instancia 7 da A Coruña e 14 de Vigo para acadar o 30% sumarase o persoal dos
Xulgados “bis”, o de reforzo das clausulas chan, polo que salirán dúas persoas
mais nas táboas.
Con respecto ao horario,
dixo o Director que na conferencia Sectorial entre o Ministerio e as CCAA con
competencias en xustiza se acordou facer o horario ordinario durante esta
primeira fase, dende as 7:30 ás 15:00 horas, e eso e o que vai a constar na
Resolución, pero visto que non dan opción a facer o horario flexible pola
tarde, dende STAJ consideramos que co actual horario fixo ( 6 horas) se cumpre a xornada,
eso sí tamén sería aplicable os Xulgados de Paz, que ata agora facían 3
horas.
O persoal que esta de
permiso por deber inexcusable, seguirá con ese permiso, en principio non entra
nas quendas presenciais, pero reducese a idade ata os 14 anos no caso de fillos
menores, ademais terase que xustificar a necesidade dese permiso e aportar
certificado, no seu caso, de que o cónxuxe ou parella esta traballando, podendo
cambiárselles o turno para a tarde ou teletraballar no caso de que o cambio de
turno non fose posible, tamén se terá que xustificar a dependencia e a
convivencia con persoas maoires, para ambos casos se porán en contacto con cada
interesado, nesta semana, para que aporten a documentación pertinente e mentras
gozaran dese permiso de xeito provisional.
O persoal que teña
enfermidades sensibles, embarazadas ou en periodo de lactación seguirán exentas
de acudir aos turnos presenciais, pero van a sacar un protocolo de adaptación
do posto de traballo, no seu caso, onde vai decidir o Servizo de Prevención da
Xunta si pode o non traballar presencialmente, se teletraballa dende a casa ou
se lle adapta dalgún xeito o posto de traballo. Dese protocolo daremos
información no seu momento, ainda non entrou en vigor.
No caso do persoal de
Auxilio que queira teletraballar dinnos que llo soliciten ao letrado, que os
convenzan de que poden facer funcións co teletraballo e si o letrado acepta e o
solicita por eles non hai problema, sobre todo si son persoal con fillos
menores, con personas maiores a cargo o con enfermidades sensibles.
Acaban de mandarnos aos
sindicatos e colgar na intranet de xustiza e na web da Conselleria unha táboa,
por provincias, co porcentaxe e número concreto de funcionarios que debe acudir
mañá a  traballar en cada xulgado, fiscalía ou oficina xudicial.
Ata hoxe os Médicos
Forenses están a disposición do Sergas, cando xa hai tempo que non fan falta,
STAJ pediu que se lles quite de inmediato as funcións encomendadas tra-lo
inicio da  pandemia, por innecesarias e fagan só as funcións propias de
medicina legal.
A partires de mañan
vanse por en contacto co persoal que aínda no tomou posesión, pero non teñen
claro se lle deixarán acabar o prazo posesorio que lles faltaba ou se lles
manda tomar posesión sen esgotar ese prazo.
Tamén entre esta semana
e a que ven vaise a publicar a bolsa de interinos e as adxudicacións das
substitucións publicadas en marzo.
STAJ ademaís pediu
oralmente e remitíndonos aos escritos presentados:
- Que se garanta a
limpeza e desinfección total e continua en tódolos edificios xudiciais, e entre
turnos de mañá e tarde cando os haxa.
_ Que se garanta a
dotación de EPIs en tódolos xulgados, fiscalìas, servizos e oficinas, e de
mamparas e biombos de separación, sobre todo aos Xullgados de Garda, oficinas
de Atención a Vítima, Decanatos, Rexistros Civís, Xulgados de Paz de maior
número de liñas telefónicas e tèlefonos con pantallas para visualizar e
discriminar chamadas non prodecentes.
- Pedimos medios e
medidas especiales para os SCNE, e ali donde non existen estos servizos, para
 os Auxilios, que lle eviten saidas innecesarias e protección especial
para o caso de ter que ir as domicilios ou aos cárceres.
Pedimos que a entrega de
EPIs non sexa no Decanato, que se repartan con anterioridade polos xulgados e
en número suficiente para varios días, ou nas entradas polo persoal de
vixiancia.
-Que nas entradas se
repartan EPI aos usuarios e profesionais que non as traían da rúa, que non se
permita a entrada sen eses medios de protección e se expulse a quen non as
queira usar.
-Que se acondicionen as
a salas de vistas e se tomen tódalas medidas posibles para protexer
especialmente aos compañeiros do corpo de Auxilio, moi expostos, e aos
interventes en xeral.
Táboa de quendas da provincia de A Coruña
Táboa de quendas da provincia de Lugo
Táboa de quendas da provincia de Ourense
Táboa de quendas da provincia de Pontevedra
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras