lunes, 11 de mayo de 2020

Fase 1. Desescalada en Galicia. Reunión coa Dirección Xeral de Xustiza


Esta fase será de aplicación a partir de mañá día 12 de maio.

A DXX informa de que, a pesar de que a resolución do Ministerio é de aplicación directa, publicarase unha resolución na que se determine o número de funcionarios que teñen que acudir a cada xulgado. Están confeccionando unha plantilla na que se explicará por provincias e clase de xulgados o número exacto de funcionarios/as que deben acudir presencialmente, que se publicará na INTRANET e na páxina da Consellería de Xustiza. Con carácter xeral o devandito número sairá da aplicación do 30%, cos seguintes matices:

- Os auxilios moveranse a nivel da mesma xurisdicción e mesma localidade. A porcentaxe aplicarase sobre os funcionarios destinados na mesma clase de xulgado e mesma localidade.

-  Os Xulgados de garda serán cubertos pola totalidade da plantilla habitual de garda.

- Nos xulgados de Primeira Instancia 15 de Vigo e 7 de A Coruña, exclusivos de clausula chan, a porcentaxe farase tendo en conta tamen a plantilla do Xulgado de reforzo correspondente.

- A porcentaxe nos xulgados exclusivos de Violencia sobre a muller de A Coruña e Vigo será do 40%. Igual porcentaxe terán os de Ferrol, Santiago, Ourense, Lugo e Pontevedra non exclusivos pero nestes,  se se atopan en función de garda, só acudirán a traballar as persoas que estén de garda.

- Respecto aos Xulgados de Paz, acudirá de forma presencial un funcionario por Xulgado.

- Respecto ao SCNE, só están previstas as saidas urxentes e a urxencia virá determinada polo xuez ou maxistrado que acorde a actuación.

- Rexistros Civis, será o LAJ o que determine o número de funcionarios que deben acudir, podendo chegar incluso a totalidade da plantilla.

- Respecto á xornada de tarde,  cando se dispoña a súa necesidade, a DXX está por realizar teletraballo de forma preferente a la presencial, pero insistese en que o teletraballo é voluntario, excepto (será aclarado na resolución) as persoas con patoloxías previas que probablemente Terán que teletraballar como forma de adaptación do posto de traballo.
- Horario. A Xunta dispón que o horario nesta fase será o ordinario. STAJ considera que será o disposto na Orde do Ministerio publicada no BOE do día 09-05-2020. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras