Acabamos de recibir o
seguinte correo electrónico da DXX comunicando que a publicación da Resolución
pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de
traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e
administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020. A mencionada
publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería.
Xunto coa resolución publicarase tamén a seguinte NOTA INFORMATIVA:
Unha
vez en vigor as novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán anuladas, sen
que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.
Os
interinos que estaban en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán
solicitar novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16 da
Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino
para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da
Administración de xustiza en Galicia.
A
continuación, facilítase a información de contacto coas xefaturas territoriais
correspondentes:
Xefatura
Territorial da Coruña,
Servizo de Xustiza,
Praza de Luís Seoane, s/n,Edificio
Administrativo Monelos,
15008 A Coruña.
Correo electrónico : servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
Tfno. 981184472/981184456
Xefatura
Territorial de Lugo,
Servizo de Xustiza,
Rolda da Muralla, nº 70,
27071 Lugo.
Correo electrónico: persoal.presidencia.lugo@xunta.es
Tfno. 982294308/982294360
Xefatura
Territorial de Ourense,
Servizo de Xustiza,
Paseo da Habana, nº 79,
32004 Ourense.
Correo electrónico: sxsal.xustiza.ourense@xunta.es
Tfno. 988386408
Delegación
Territorial de Vigo,
Servizo de Xustiza,
Rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar,
36201 Vigo (Pontevedra).
Correo electrónico: servizoxustiza.vi@xunta.gal
Tfno. 986817716/986817788
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras