martes, 26 de mayo de 2020

O TSXG acorda que os membros da carreira xudicial traballen de forma presencial

A partir de hoxe, os xuíces e xuízas recuperan a quenda ordinaria previa á declaración do estado de alarma. A decisión tomouse tras a activación da Fase 2 do Plan de Desescalada para a Administración de Xustiza.

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou que os membros da carreira xudicial traballen de forma presencial hoxe. Por tanto, as quendas de presenza e dispoñibilidade dos xuíces e xuízas de todos os órganos xudiciais de Galicia quedan suprimidos, recuperándose a quenda presencial ordinaria previo á declaración do estado de alarma, segundo consta no acordo adoptado onte en reunión extraordinaria pola Sala de Goberno.

A decisión tomouse tras a publicación da Orde JUS/430/2020, do 22 de maio, pola que se activa a Fase 2 do Plan de Desescalada para a Administración de Xustiza ante o COVID-19, e tendo en conta a resolución do 25 de maio de 2020 na que a Xunta decreta que as oficinas xudiciais deben contar coa presenza de entre un 60% e 70% do persoal efectivo.

Ver ligazón

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras