martes, 21 de abril de 2020

STAJ solicita medidas especificas para todo persoal que debe salir a notificar a rúa.

Acabamos de mandar o seguinte escrito:

Tendo en conta as peculiaridades de traballo dos Servizo Común de Notificacións e Embargos ( SCNE) e que a totalidade dos actos de comunicación que realizan son en domicilios e locais comerciais co risco que conleva estar continuamente en contacto con persoa que moitas veces carecen ou non usan ningún tipo de protección individual e coas que teñen que manter conversacións a curta distancia e mesmo contacto directo, cremos que deberían extremarse as precaucións con estes funcionarios, e cos funcionarios do Corpo de Auxilio dos Partidos Xudiciais onde non existen SCNE que realizan as mesmas actuacións, aínda que en menor medida, para iso propoñemos as seguintes medidas coa finalidade de preservar a súa saúde e evitar contagios á cidadanía:
Cada funcionario ou comisión xudicial no momento de realizar o seu traballo na rúa deberían de contar con :
- Pantallas protectoras individuais , as cales xeran unha maior protección sobre todo co que respecta aos ollos , seguridade e comodidade .
- Máscaras FFP2 ou FFP3 as cirúrxicas entregadas nas dependencias xudiciais parécennos totalmente inadecuadas pola pouca protección que ofrecen.
-Luvas en cantidade suficiente, non un par ao día por funcionario porque en mais dunha ocasión durante a xornada de traballo veranse na obrigación de cambialos, de feito deberían refugarse en cada ntificación.
-Frascos de hidrogeles de 50 ml, fáciles de transportar, e que cada funcionario podería utilizar tanto antes como despois da visita a un domicilio.
-Bolígrafos desbotables para que en cada actuación o bolígrafo sexa novo.
Pensamos que estas pequenas medidas axudarían non só a protexer aos funcionarios da Administración de Xustiza, senón tamén aos destinatarios das comunicacións e en xeral á propagación do Covid-19 por que non debemos esquecernos que o funcionamento normal dun servizo común de notificacións e do persoal do Corpo de Auxilio nas localidades onde non existe SCNE, é totalmente contrario ás medidas de illamento e corentena acordadas.




STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras