jueves, 30 de abril de 2020

STAJ INFORMA: procesos selectivos e concurso de traslados 2020


Dende a declaración do Estado de Alarma, nos procesos selectivos estase ás normas que dite SANIDADE. O Ministerio de Xustiza adaptarase conforme ao que acorde o Goberno da Nación para a volta á normalidade.


 XESTIÓN  PROMOCION INTERNA.- En breve reanudarase a  baremación do
tribunal delegado de Cataluña que faltaba e en canto remate, publicaríanse as
listaxes provisionais de méritos dos distintos ámbitos territoriais.

XESTIÓN QUENDA LIBRE.- Celebrado o terceiro exame o 23 de febreiro 2020.
Pendentes de corrección do exercicio. Os tribunais iniciaran as sesións conxuntas de corrección do 3º exercicio, que quedaran suspendidas ao declararse o Estado de Alarma.

As correccións por parte dos Tribunais vanse reanudar en breve.

 TRAMITACION  PROMOCION INTERNA .-Pendente de realizar as probas optativas de lingua. Suspendéronse as probas de valenciano e catalán dos días 16 e 18 de marzo e aínda debe sinalarse nova data de realización en canto sexa posible.

TRAMITACION QUENDA LIBRE.- Suspendido o terceiro exercicio (proba de  Word) sinalado para o sábado 14 de Marzo. O Ministerio adiantou que puidese realizarse no mes de xullo.

AUXILIO XUDICIAL.- Pendente de publicar as listaxes de admitidos e excluídos.

O Ministerio informa que é difícil que poida facerse antes de setembro. Para o
número de opositores que se prevé, a data de setembro parécenos pouco
realista, pero polo menos indica a vontade do Ministerio de renovar o proceso
selectivo tan pronto como sexa posible.

Tanto esta data de setembro para Auxilio Xudicial como a de xullo para
Tramitación son desexos do Ministerio a expensas de como se vaia desenvolvendo a situación e de que Sanidade o permita.

CONCURSO DE TRASLADOS 2020.-

O Ministerio informa que antes de finais de xuño será imposible que poida publicarse a convocatoria do concurso de traslados 2020


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras