martes, 14 de abril de 2020

Resolución da DXX adaptando os Servizos Mínimos ó Real Decreto 487/2020 de 10 de abril

DOTACIÓNS DE PERSOAL PRESENCIAL

(Estas medidas entran en vigor mañá día 15 de abril)

Os xulgados e fiscalías en servizo de garda deberán contar con toda a dotación de persoal que preste o servizo de garda, a fin de atender debidamente o servizo.

Nos demais órganos xudiciais e fiscais, e no Instituto de Medicina Legal de Galicia, atenderase á natureza e necesidades de cada un deles. Para a determinación do número e corpo dos funcionarios considerados dentro dos servizos esenciais teranse en conta as concretas funcións ou materias legalmente atribuídas a cada órgano ou conxunto de órganos e mais a súa relación directa e inmediata cos servizos esenciais identificados nesta mesma resolución.

En atención a estes criterios, o persoal que ha de atender de xeito presencial o servizo público de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia será, polo menos, o seguinte, o resto de persoal quedará en situación de dispoñibilidade por si fose necesario acudir ao seu posto de traballo, eso sí solo para realizar servizos esenciais:



1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:

1.1. Un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A. en cada unha das seccións orgánicas ou funcionais das súas salas, e un funcionario do corpo de auxilio xudicial por cada unha das salas.

1.2. Secretaría de Goberno: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.

1.3. Gabinete Técnico da Presidencia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.

1.4. Oficina de Rexistro e Repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A., así como, se for o caso, aqueles que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable considere necesarios para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir.

2. Audiencias provinciais:

2.1. Seccións: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A., e mais un funcionario do corpo de auxilio xudicial, por cada unha das respectivas seccións.

2.2. Oficina de Rexistro e Repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A., así como, se for o caso, aqueles que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable considere necesarios para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir.

3. Xulgados unipersoais:

– Xulgados de instrución e de primeira instancia e instrución de garda: os funcionarios que efectúan o servizo de garda habitualmente.

– Xulgados de instrución e de primeira instancia e instrución que non estean de garda, o os especializados en violencia sobre a muller: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial por cada catro xulgados ou fracción.

– Xulgados de violencia sobre a muller: un funcionario do corpo de xestión P.A., un funcionario do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.

– Xulgados do penal: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para cada catro xulgados ou fracción.

– Xulgados de primeira instancia, incluídos os especializados en familia, e xulgados do mercantil: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada xulgado, e un funcionario do corpo de auxilio xudicial por cada catro xulgados ou fracción.

– Xulgados do contencioso-administrativo: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial, para todos os xulgados.

– Xulgados do social: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial por cada catro xulgados ou fracción.

– Xulgados de vixilancia penitenciaria: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.

– Xulgados de menores: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
– Servizos comúns de notificacións e embargos: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.

– Decanatos-Servizos de rexistro e repartición: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada sede. O letrado da Administración de xustiza responsable poderá ampliar esta dotación para atender o volume de escritos pendentes de rexistrar e repartir.

– Servizos comúns de atención ao cidadán e á vítima: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada oficina.

– Xulgados de paz: un funcionario.

4. Rexistros civís:

– Rexistros civís exclusivos: dous funcionarios do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación, así como, se for o caso, aqueles funcionarios, incluídos os do corpo de auxilio xudicial, que a maiores o letrado da Administración de xustiza responsable determine para atender os servizos esenciais declarados nesta materia, sempre tendo en conta as funcións que poidan ser levadas a cabo en réxime de teletraballo polos funcionarios que, dispoñendo de medios, accederan voluntariamente a facelo.

– Xulgados de primeira instancia e de primeira instancia e instrución con funcións de Rexistro Civil: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial. Ademais dos que deban estar presentes pola quenda xeral nos xulgados de primeira instancia ou de primeira instancia e instrución, ou dos de rexistro e repartición se fora un funcionario destes mesmos xulgados, o letrado da Administración de xustiza responsable poderá ampliar esta dotación cando o estime preciso para atender os servizos esenciais nesta materia, sempre tendo en conta as funcións que poidan ser levadas a cabo en réxime de teletraballo polos funcionarios que, dispoñendo de medios, accederan voluntariamente a facelo.  

5. Fiscalías:

Deberán contar con toda a dotación de persoal que preste o servizo de garda para atender debidamente o servizo, e ademais cun 10% aproximado do total dos funcionarios dos corpos de xestión P.A., de tramitación P.A. e de auxilio xudicial de cada unidade, designados polos fiscais xefe.

– Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma: un funcionario do corpo de xestión P.A., do corpo de tramitación P.A. ou do corpo de auxilio xudicial.
– Fiscalías provinciais: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A., do corpo de tramitación P.A. ou do corpo de auxilio xudicial nas de Lugo e Ourense, e dous funcionarios nas da Coruña e Pontevedra.

– Fiscalías de área: a maiores dos funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A., do corpo de tramitación P.A. ou do corpo de auxilio xudicial na de Santiago, e dous funcionarios na de Vigo.

– Seccións territoriais: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. en cada sección territorial, para o servizo de garda.

6. Instituto de Medicina Legal:

– Os médicos forenses de garda.
– Un funcionario para cada subdirección territorial, designado pola directora do Imelga.

7. Persoal laboral ao servizo da Administración de xustiza:

– O 100% do persoal dos efectivos adscritos ás gardas de equipos técnicos de menores.
– Nas subdireccións do Imelga: 1 auxiliar de autopsia, 1 psicólogo e 1 traballador social, así como a totalidade dos auxiliares de autopsia que deban asistir ao médico forense de garda cando este o requira.

– O 100% do persoal de mantemento e de limpeza para desenvolver os labores de limpeza, hixiene e desinfección das sedes xudiciais e fiscais.

RESOLUCIÓN COMPLETA

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras