viernes, 24 de abril de 2020

Presentación de solicitudes de licenzas por enfermidade e prórrogas a través da OPAX

Dende a DXX comunícase que se vai publicar na intranet a seguinte nova:

Dende hoxe, a solicitude de licenza por enfermidade, así como as súas prórrogas, tense que realizar a través da oficina virtual do   persoal da Administración de xustiza de Galicia (OPAX), anexando unha foto ou unha copia escaneada do parte de  baixa ou da prórroga, calquera delas en formato PDF.
Instrucións:
1.- Acceder á OPAX, entrar no apartado "Alta Licenza" e escoller en “Tipo de licenza” a opción de "Licenza por enfermidade" ou de "Risco durante o embarazo e a lactación", segundo sexa o caso.
2.- Cubrir os datos do formulario da solicitude e premer no botón "Gardar".
3.- Unha vez gardada, na páxina de xestión de solicitudes débese seleccionar a solicitude e premer no botón "Adxuntar doc".
4.- Unha vez feito isto, na ventá emerxente que permite subir documentación hai que realizar as seguintes accións:
a) Premer o botón "Examinar" para localizar no seu equipo o documento que se quere anexar.
b) Premer o botón "Adxuntar" para subir o documento.
c) Premer o botón "Presentar" para enviar o arquivo á delegación.

Enlace OPAX 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras