jueves, 26 de marzo de 2020

STAJ INFORMA: Recordatorio prazo posesorio concurso de traslados 2019

Fai escasos minutos, recibese unha nota informativa procedente da Dirección Xeral de Xustiza co seguinte contido:

"Recórdaselles as persoas cuxo prazo posesorio se viu afectado polo establecido na D.A. 3ª do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e que non formalizaron a toma de posesión no prazo inicialmente establecido, que, de conformidade coa nota publicada polo Ministerio de Justicia na súa páxina web o día 19.03.2020, deben dirixir unha comunicación a través de correo electrónico a súa Xefatura Territorial de destino na que se inclúan os datos que se mencionan na citada nota.

Para realizar a devandita comunicación, utilizaran o modelo facilitado polo Ministerio que se atopa dispoñible na seguinte páxina web:


Enderezos electrónicos das Xefaturas Territoriais:

  • A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
  • Lugo: personal.presidencia.lugo@xunta.gal
  • Ourense: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
  • Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.gal
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras