Os compañeiros que conseguiron plaza en Galicia no último concurso de traslado inda estaban en prazo para formalizar a toma de posesión cando foi publicado o Decreto de declaración de Estado de Alarma, o cal dispón na súa Disposición adicional terceira a suspensión dos prazos administrativos.
Postos en contactos coas Xefaturas Territoriais de Xustiza confírmannos que paralízase o prazo de toma de posesión dende o momento de entrada en vigor do Decreto de alarma, e mentres persista a súa duración.
Respecto das RETRIBUCIÓNS infórmannos que ao constar os datos económicos da práctica totalidade das persoas pendientes de tomar posesión (quen non os enviara pódese poñer en contacto con STAJ) prevese que dará tempo a que entren na nómina de abril, que se fará efectiva a finales dese mes.
Estamos á espera de resolución oficial da Dirección Xeral, na que non se esperan cambios sustanciais.
Seguiremos informando
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.