miércoles, 18 de marzo de 2020

EGAP: información sobre cursos de teleformación e probas de avaliación

Dende a EGAP infórmasenos que, en relación aos cursos de teleformación, durante a vixencia das medidas preventivas adoptadas polo Centro de Coordinación Operativa non se penalizará ao alumnado polo abandono de actividades formativas nin pola renuncia aos cursos inda que non sexa comunicada en tempo e forma.

Asi mesmo comunican que a modalidade da proba de avaliación final será comunicada ao alumnado da actividade unha semana antes da data marcada para o exame.


Para calquera dúbida o alumnado poderá comunicarse co persoal da Escola a través dos correos: xestion.egap@xunta.gal, programacion.egap@xunta.gal e/ou novas.egap@xunta.gal

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.