jueves, 5 de marzo de 2020

Dereitos dos funcionarios públicos para as eleccións galegas

Hoxe publícase no DOG  a ORDE do 24 de febreiro de 2020 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 5 de abril de 2020 polo Decreto 12/2020, do 10 de febreiro, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións.


1. O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que teña previsto que na data da votación non se atopará na localidade onde lle corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, disporá, no seu horario laboral, de ata catro horas libres para que poida formular persoalmente a solicitude de certificación acreditativa da súa inscrición no censo, que se recolle no artigo 72 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, así como para a remisión do voto por correo.


2. O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e as/os que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non desfrutan en tal data de descanso semanal e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.


3. As/os que acrediten a súa condición de apoderadas/os teñen dereito a un permiso retribuído durante o día da votación se non desfrutan nese día de descanso semanal.


4. O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que se presente como candidata/o ás eleccións que terán lugar o vindeiro 5 de abril poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da prestación do servizo nas súas respectivas unidades durante a campaña electoral; é dicir, desde as cero horas do venres 20 de marzo de 2020 ata as vinte e catro horas do venres 3 de abril de 2020. A competencia para a concesión do referido permiso corresponderalle á secretaría xeral técnica de cada consellería.

 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.