miércoles, 4 de marzo de 2020

Convocatoria de actividades formativas para o o persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia

No día de hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
SOLICITUDES:
O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.
Convocanse as seguintes actividades formativas:
- A custodia compartida nas crises matrimoniais.
- Módulo I. Execución civil: disposicións xerais.
- Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria.
- Módulo IV. Xurisdicción Voluntaria.
- Módulo V: Concursal.
- Módulo III: Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais.
- Módulo VI: O concurso de persoa natural que no sexa empresario desde unha perspectiva práctica procesual.
- Módulo I. Lexislación social I
- Módulo I. Contencioso I
- Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrucción.
- A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal.
- Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrucción.
- Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil.
- Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito penal.
- Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración da xustiza.
- Asistencia xurídica gratuita.
- Atención ás vitimas de delito e información ao cidadán.
- Integración das bases de datos de Minerva e boas prácticas no manexo da aplicación procesual.
- Xustiza dixital.
- Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público.
- Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos.
- A morte homicida.
- Claves para falar en público e atender aos medios de comunicación.

VER DOG 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.