Este borrador entrará en vigor unha vez asinado, cremos que ao longo da mañan, determinandose novamente os servizos esenciais que quedarán cubertos polo persoal seguinte:
1. Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:
1.1. Un funcionario do corpo de xestión
P.A. ou de tramitación P.A. en cada unha das salas.
1.2. Secretaría de Goberno: un funcionario
do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A.
1.3. Gabinete Técnico da Presidencia: un
funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación
P.A.
1.4. Oficina de Rexistro e Repartición: un
funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación
P.A.
2. Audiencias provinciais:
2.1. Seccións civís: un funcionario do
corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A. por cada unha de das respectivas
seccións e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todas as secciones.
2.2. Seccións penais e mixta: un
funcionario do corpo de xestión P.A. ou de tramitación P.A., e un funcionario
do corpo de auxilio xudicial para cada dúas seccións ou fracción.
2.3. Oficina de Rexistro e Repartición: un
funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación
P.A.
3. Xulgados unipersoais:
- Xulgados de instrución e xulgados de
primeira instancia e instrución de garda: os funcionarios que efectúan o
servizo de garda habitualmente, que se encargarán de apoiar a tramitación dos
asuntos de violencia contra a muller.
3 -
Xulgados de violencia sobre a muller exclusivos de A Coruña e Vigo: un
funcionario do corpo de xestión P.A., un funcionario do corpo de tramitación
P.A. e un funcionario do corpo de auxilio xudicial.
-
Xulgados do penal: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario do
corpo de tramitación P.A., para cada dous xulgados ou fracción desta clase do
partido xudicial, e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todos os
xulgados.
-
Xulgados do mercantil: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un
funcionario do corpo de tramitación P.A., para todos os xulgados desta clase do
partido xudicial.
-
Xulgados de primeira instancia: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un
funcionario do corpo de tramitación P.A., para cada dous xulgados ou fracción
desta clase do partido xudicial.
-
Xulgados do social: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario
do corpo de tramitación P.A., para cada dous xulgados ou fracción desta clase
do partido xudicial, e un funcionario do corpo de auxilio xudicial para todos
os xulgados.
-
Xulgados do contencioso-administrativo: un funcionario do corpo de xestión P.A.
ou un funcionario do corpo de tramitación P.A., para cada dous xulgados ou
fracción desta clase do partido xudicial, e un funcionario do corpo de auxilio
xudicial para todos os xulgados.
-
Xulgado de vixilancia penitenciaria: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou
un funcionario do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de
auxilio xudicial.
-
Xulgado de menores: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou un funcionario
do corpo de tramitación P.A.
-
Servizo común de notificacións e embargos: un funcionario do corpo de xestión
P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo
de auxilio xudicial.
-
Decanatos-Oficina de rexistro e reparto: un funcionario do corpo de xestión
P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada sede.
-
Servizo común de atención ao cidadán e á vítima: un funcionario do corpo de
xestión P.A. ou un funcionario do corpo de tramitación P.A. en cada oficina.
- Xulgados de paz: un
funcionario, cunha atención horaria reducida de 10:00 h a 13:00 h.
4º Rexistros civís:
- Rexistros civís exclusivos: un
funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación P.A. e un
funcionario do corpo de auxilio xudicial.
- Xulgados de primeira instancia e de primeira instancia e
instrución con funcións de rexistro civil: un funcionario do corpo de xestión
P.A. ou do corpo de tramitación P.A. e un funcionario do corpo de auxilio
xudicial.
5º Fiscalías: deberán contar con toda a dotación de persoal que preste o
servizo de garda para atender debidamente o servizo, e ademais un 10%
aproximado do total dos funcionarios dos corpos de xestión P.A., de tramitación
P.A. e de auxilio xudicial de cada unidade.
- Fiscalía Superior da Comunidade
Autónoma: un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do corpo de tramitación
P.A.
- Fiscalías provinciais: a maiores
dos funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A.
ou do corpo de tramitación P.A.
- Fiscalías de área: a maiores dos
funcionarios do servizo de garda, un funcionario do corpo de xestión P.A. ou do
corpo de tramitación P.A. nas de Santiago e Vigo.
- Seccións territoriais: un funcionario do corpo de xestión
P.A. ou do corpo de tramitación P.A. en cada sección territorial, para o
servizo de garda.
6º Instituto de Medicina Legal:
- Os médicos forenses de garda.
A cobertura destes servizos mencionados anteriormente
realizarase mediante unha quenda rotatoria diaria entre os funcionarios
integrantes do persoal de cada órgano, no que se seguirá a orde alfabética dos
seus apelidos, comezando pola letra A, agás que exista acordo voluntario
interno no órgano afectado.
Se o servizo non queda atendido desta forma, serán designados
os funcionarios das distintas quendas polos fiscais-xefes, letrados da
Administración de xustiza e directora do Imelga.
Sen prexuízo do anterior, a totalidade dos empregados
públicos ao servizo da Administración de xustiza en Galicia estarán ao dispor
de eventuais adaptacións organizativas que resultasen necesarias para garantir
a prestación dos servizos esenciais, tanto da unidade xudicial
á que pertenza ou de calquera outra da súa xurisdición e localidade, tal e como
se desenvolve no punto 8º.
7º Persoal laboral ao servizo da Administración de xustiza:
- O 100% do persoal dos efectivos adscritos ás gardas de
equipos técnicos de menores.
- Nas subdireccións do Imelga: 1 auxiliar de autopsias, 1
psicólogo e 1 traballador social.
8º Establecemento de quendas, dispoñibilidade e localización
do persoal
Para a designación do persoal que haxa de prestar os servizos
esenciais, establecerase unha quenda rotatoria diaria entre os funcionarios
integrantes do cadro de persoal de cada órgano, no que se seguirá a orde
alfabética dos seus apelidos.
Os funcionarios integrantes das quendas rotatorias serán
designados polos Letrados da Administración de xustiza, en aplicación do artigo
452.3 da Lei orgánica do Poder Xudicial; no caso da Fiscalía, polo Fiscal
Superior e Fiscais Xefes correspondentes, así como no IMELGA pola súa
directora.
A presenza física será en todo caso rotatoria, establecéndose
unha quenda diaria, que comezará polos xulgados co número 1, e os demais de
forma sucesiva; unha vez rotado o primeiro funcionario de cada xulgado,
volvería a comezar con outro funcionario do nº 1 distinto do anterior e así
sucesivamente.
Todo o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en
Galicia quedan baixo as ordes directas da autoridade competente en canto sexa
necesario para a protección de persoas, bens e lugares, podendo impoñerlles
servizos extraordinarios pola súa duración ou pola súa natureza.
Todo o persoal, estea ou non en servizos mínimos, deberá
comunicar aos seus superiores funcionais (Letrado/a da Administración de
xustiza, Fiscal xefe, Directora do IMELGA) un número de teléfono para o seu
chamamento no caso de ser necesaria a súa presenza inmediata na súa unidade
xudicial ou en calquera outra da mesma xurisdición e localidade, para o que
deberá estar permanentemente localizable durante toda a xornada laboral e
deberá desprazarse con carácter inmediato ás instalacións xudiciais cando se lle
requira.
Na entrada dos edificios xudiciais debera indicarse onde se
atopa/n o/s funcionarios que desempeñan os servizos mínimos esenciais.
Na designación destas quendas
quedarán excluídas as persoas que padezan patoloxías qu sexan susceptibles de
agravarse polo contaxio do COVID-19:
•
•
Diabetes.
•
•
Enfermidade cardiovascular (incluída hipertensión).
•
•
Enfermidade hepática crónica.
•
•
Enfermidade pulmonar crónica.
•
•
Enfermidade renal crónica.
•
•
Enfermidade neurolóxica ou neuromuscular crónica.
•
•
Inmunodeficiencia.
•
•
Embarazo.
•
•
Posparto (inferior a 6 semanas) e
•
•
Cancro.
Tamén quedarán excluídos aqueles funcionarios que se
atopen na situación de deber inescusable para a atención de menores ou maiores
que estean baixo a súa dependencia, e sempre e cando cumpran os requisitos para
acollerse ao permiso correspondente. No caso de que ambos os dous proxenitores
ou responsables do menor ou do maior dependente teñan a condición de
funcionarios en activo ao servizo das administracións públicas, non poderán
gozar destas medidas simultaneamente.
En ambos casos, deberán remitir unha declaración responsable ao
correo do servizo de persoal da xefatura territorial correspondente.
- A Coruña: servizo.xustiza.coruna@xunta.gal
- Lugo:
persoal.presidencia.lugo@xunta.es
- Ourense: sxsal.xustiza.ourense@xunta.gal
- Pontevedra: servizoxustiza.vi@xunta.es
9º Horario
Mentres se manteña a declaración do estado de alarma, o horario de
presenza obrigatoria queda fixado de 9:00 a 14:00 horas, con excepción do
servizo de garda, que deberá aterse á regulación específica do dito servizo.
Así mesmo, nos xulgados de paz, o horario será o sinalado
especificamente para eles na presente resolución. 7
Polo que respecta ao rexistros civís
principais e os exclusivo o horario ven determinado pola Resolución do ministro
de xustiza, en aplicación da Orde SND/272/2020 do Ministerio de Sanidade sobre
medidas excepcionais para o Rexistro civil durante la pandemia covid-19, do 23
de marzo de 2020.
http://intranet.xustiza.gal/documents/368917/48c08c36-e85b-400f-b65a-28c66f479cf1
10º Medidas de seguridade
Limitarase o acceso de profesionais e cidadáns ás sedes
xudiciais salvo para aqueles trámites imprescindibles e inaprazables, así como
para a asistencia a actuacións xudiciais para os que estiveran citados. Para
estes casos deberán observarse as precaucións expostas. Calquera outra xestión
ou trámite non esencial deberá ser realizado vía LEXNET, telemática ou
telefónica. Para ese efecto, facilítase o seguinte enlace, en que figura o
directorio de órganos xudiciais a nivel nacional:
https://www.mjusticia.gob.es/BUSCADIR/ServietControlador?apartado=buscadorGeneral&
lang=é
Así mesmo, débese ter especialmente en conta a Resolución
do ministro de xustiza sobre seguridade laboral da Administración de xustiza
durante a pandemia covid-19, do 23 de marzo de 2020.
http://intranet.xustiza.gal/documents/368917/c3fe98f6-153c-46ff-9bac-c1795222dcba
A presente
resolución producirá os seus efectos desde o momento da súa sinatura.