No día
de onte o STAJ enviou escritos á Subdirección de Política Lingüística e á Egap
en relación ao seguinte tema:
No DOG do 10 de febreiro deste ano publicouse a resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza (destinados en Galicia ou que presten servizos fora da mesma).
No DOG do 10 de febreiro deste ano publicouse a resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza (destinados en Galicia ou que presten servizos fora da mesma).
Nestes cursos, cuxa modalidade é a
de teleformación, e cuxa duración é desde o 26/02/2020 ao 24/06/2020 establécese
como data da proba final o 2 de maio
de 2020. Desde o sindicato STAJ recibimos moitísimas
peticións por parte da xente seleccionada para que se valore a posibilidade
de cambiar o día do exame a outro sábado posible, dado que é coñecido
por todos que o 1 de maio é festivo a
nivel nacional, supoñendo un
perxuízo para moitas persoas que non estarían presentes esa fin de semana.
Sabemos que estas datas dos cursos
establécense desde Política Lingüística, pero o 1 de maio é unha data que se debe de ter en conta á hora de
establecer as datas das probas finais, xa que se trata dun das “pontes
festivas” máis importantes que hai a nivel nacional, onde moita xente xa ten
previstos viaxes.
Por todo iso, STAJ solicita á EGAP e á Subdirección de Politíca
Lingüística que establezan outro sábado dispoñible para a realización da proba final para os cursos de
linguaxe xurídica galega, tanto na convocatoria establecida para persoal
destinado en Galicia como fóra dela.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.