jueves, 7 de noviembre de 2019

Últimos chamamentos de persoal interino

Este mércores  6  de novembro de 2019 non é posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas do corpo de tramitación por non existir a ratio de duas persoas por praza .


Segundo o establecido na disposición adicional segunda, punto 3 da ORDE do  4 de outubro de 2018  sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia: “ de se esgotaren dentro dunha bolsa os integrantes dunha zona concreta de preferencia, os pertencentes dentro da mesma provincia á outra zona de preferencia estarán obrigados, …a aceptaren o chamamento para a outra zona de preferencia”. 

Como consecuencia deberá comunicarnos no prazo de 24 horas (antes das 14:00 horas do xoves día 7) a través do correo electrónico (servizoxustiza.vi@xunta.es) ou por fax  (986 817001) a aceptación das prazas ofertadas e a orde de preferencia:

As  prazas ofertadas son:
  • XULGADO DE MENORES DE PONTEVEDRA (CTPA)- Substitución do/a titular
  • XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 6 VIGO (CTPA)- Substitución do/a  titular
  • XDO. PRIM. INST. E INSTRUCCIÓN N. 2 CALDAS (CTPA) IT do/a titular
Tal e como se recolle no punto 3 do artigo 20 da citada orde o luns día 11 de novembro comunicaremoslle a relación de prazas aceptadas e as persoas seleccionadas.


 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.