jueves, 7 de noviembre de 2019

Respecto as últimas prazas ofertadas para interinos

Prazas:
 
     XULGADO DE MENORES DE PONTEVEDRA (CTPA)- Substitución do/a titular
   XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 6 VIGO (CTPA)- Substitución do/a  titular

XDO. PRIM. INST. E INSTRUCCIÓN N. 2 CALDAS (CTPA) IT do/a titular
 
As persoas diponibles nas bolsas de tramitación aceptaron as prazas _
  • Xulgado de Menores de Pontevedra e
  • Xulgado de primeira instancia nº 6 de Vigo ,
 polo que queda sen cubrir a praza do xulgado de primeira instancia e instrucción nº 2 de Caldas de Reis.
 
Segundo recolle o punto 5 do artigo 6 da orde  do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “ No caso de se esgotar tamén a bolsa de reserva, e mentres non se formen novas bolsas, ofreceráselles a posibilidade de aceptar voluntariamente o nomeamento aos inte­grantes da bolsa do corpo inmediatamente superior, e subsidiariamente aos do corpo in­mediatamente inferior que posúan os requisitos exixidos para o posto concreto”.
 
Ofrecida a praza as persoas disponibles nas bolsas de xestión e de auxilio xudicial, ningunha aceptou a devandita praza polo que acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma.
 
A  praza ofertada é:
  • XDO. PRIM. INST. E INSTRUCCIÓN N. 2 CALDAS (CTPA) IT do/a titular

 

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.