viernes, 15 de noviembre de 2019

Permiso por concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitide

Para concorrer a exames finais, a probas selectivas para o ingreso nas administracións públicas ou á realización de probas definitivas de aptitude en centros oficiais, os/as funcionarios/as gozarán dun permiso de acordo co seguinte réxime:
a) A duración será polos días da súa realización, incluíndose os necesarios para realizar a viaxe cando o exame e demais probas se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Sen prexuízo da documentación que se poida exixir, deberase xustificar a asistencia aos exames e ás demais probas dentro do prazo dos quince días seguintes ao da súa realización.
Polo que lembrámosvos que todos aqueles que realicen o examen do vindeiro 23 de novembro do Corpo de Xestión Procesual, turno libre, terán dereito a libranza do venres día 22 para realizar a viaxe, debendo solicitado a través do opax en exames finais e demais probas definitivas de aptitude, debendo pedir xustificante ao tribunal do exame para despois aportalo no prazo dos 15 días seguintes.
 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.