Publicada no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN
do 15 de novembro de 2019 pola que se convoca o curso monográfico Violencia de
xénero na adolescencia.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: 9, 10, 11 e 12 de decembro de 2019.
Horario de tarde: 16.00 a 19.30 horas.
Duración: 14 horas lectivas.
A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 2 de decembro de 2019.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.