viernes, 15 de noviembre de 2019

Corpo de Tramitación Procesual. Convocatoria de posto de traballo de libre designación

Hoxe publícase no DOG e no BOE a resolución do 18 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca, para a provisión polo sistema de libre designación, un posto de traballo no Instituto de Medicina Legal de Galicia.
 
O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado por funcionarios de carreira pertencentes ao corpo de tramitación procesual e administrativa.

Os interesados deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, cubertas cos datos que se piden nel, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, rúa Madrid, 2-4, 2ª planta, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

Características do posto:

Nome do posto: secretario/a de dirección.
Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia. Dirección.
Localidade: Santiago de Compostela.
Código do posto: XG9251810015770701.05.
Corpo: tramitación.
Forma de provisión: libre designación.
Complemento específico: 6.703,68 €.
Complemento xeral do posto: 3.999,00 €.


VER BOE 
     
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.