Ante a solicitude e protesta de STAJ pola falta de reforzo na formación ao persoal funcionario, sobre a utilización dos novos sistemas de videoconferencia que estaban a instalar nas oficinas xudiciais sen formación previa, hoxe, na intranet na SECCIÓN DE AVISOS acaba de publicarse a apertura do prazo para inscribirse nas sesións de formación PRESENCIAIS que terán lugar o día 25 de outubro sobre a utilización de equipos de videoconferencia, destinadas a adquirir coñecementos e resolver dúbidas sobre o manexo do sistema de videoconferencia.
Estas xornadas son presenciais e haberá dúas sesións, ás 9:00 h e ás 12:30 h, en A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Para máis información, preme na seguinte ligazón.
Duración 1,5 horas.
Dirixida: ao persoal de oficinas xudiciales (Xulgados, Fiscalía e Imelga) que deba utilizar equipos de videoconferencias en salas de vistas ou espazos compartidos (sala de xuntas, bibliotecas, salas de exhortos).
SESIÓN DE REFORZO SOBRE A UTILIZACIÓN DE EQUIPOS DE VIDEOCONFERENCIA
Duración: 1h 30min
Duración: 1h 30min
Instrucións para a inscrición dende a intranet:
- Realiza a túa preinscrición para a sesión á que queiras asistir. Por favor, elixe só unha sesión.
- Rechea o formulario de preinscrición e envíao. Sairá unha mensaxe que che indicará que a túa preinscrición foi realizada con éxito.
- Recibirás un correo electrónico confirmando a túa inscrición.
Lugares e sesións:
- A CoruñaVenres 25 de outubro. Sala 1-Planta 0 do edificio da antigua Audiencia (Cap. Juan Varela) ás 09:00h e ás 12:30h
- Santiago de CompostelaVenres 25 de outubro. Sala nº 1-Planta 1 dos Xulgados de Santiago na rúa Viena ás 09:00h e ás 12:30h
- FerrolVenres 25 de outubro. Sala nº 2 dos Xulgados de Ferrol ás 09:00h e ás 12:30h
- LugoVenres 25 de outubro. Sala dixital da Audiencia Provincial (sala xurado) ás 09:00h e ás 12:30h
- OurenseVenres 25 de outubro. Sala nº 11-Planta 1 dos Xulgados de Ourense ás 09:00h e ás 12:30h
- PontevedraVenres 25 de outubro. Sala nº 1-Planta baixa dos Xulgados de Pontevedra ás 09:00h e ás 12:30hVenres 25 de outubro. Sala nº 1 da Audiencia Provincial ás 09:00hVenres 25 de outubro. Sala nº 1 da Sede Xudicial situada na rúa Xermán Adrio ás 12:30h
- VigoVenres 25 de outubro. Sala da Secc. 5ª (AP) dos Xulgados de Vigo (edificio novo) ás 09:00h e ás 12:30h