O venres
pasado tivo lugar en Santiago a reunión do Comisión de Formación, na
que asisitiu a Subdirectora de Persoal e o Secretario da EGAP.
Como sempre a excusa para acometer a
oferta de novos cursos e de maior calidade é a falta de cartos, e con esa carencia
a penas se pode acordar nada, pasamos a explicar as propostas que se rexeitaron
e os poucos compromisos adquiridos pola Dirección Xeral de Xustiza e a EGAP:
- NON
queren acabar cos desplazamentos a Santiago para facer a proba de avaliación,
aínda que se comprometen a ir deslocalizando o máximo posible . Tampoco están
pola labor de pagar os gastos de desplazamentos e moito nos tememos que
tampouco van a volta a conceder o día de permiso para poder asistir a proba,
como ata hai tres anos o daban.
-
Non contempla de ningún xeito, como pedimos
dende STAJ, que se pague un formador compañeiro/a do xulgado, para enseñar a
aqueles interinos que teñan pouca ou ningunha experiencia, aqueles titulares,
substitutos e que se trasladan por concurso e que veñen doutra xurisdicción e
proceden dun territorio onde non hai Minerva, ou van para
Fiscalía ou para o Rexistro civil onde utilizan programas diferentes.
-
Con
respecto aos cursos de idiomas (inglés, francés, alemán, italiano) contemplan
ofertalos para todos os sectores da Xunta incluido Xustiza, pero non cursos solo
para funcinarios/as de Xustiza.
-
Van
a intentar sacar cursos de reformas lexislativas, veremos cando.
-
Van
intentar incrementar as edicións de cursos de linguaxe xirídica, tanto para
persoal que traballe en Galicia como de fora. Tamén queren ofetar máis cursos dos
que contaron con máis demanda, como o de
Xurisdicción Voluntaria, A Custodia Compartida nas Crises Matrimonias,
Expediente Dixital, Xustiza dixital, etc.
Dos
cursos que propuxo STAJ quedaron de estudiar a súa viabilidade, sobre todo baseandose
no pouco orzamento que manexan, falamos en concreto:
FORMADOR/A DE FORMADORES/AS (presencial, de mañá, deslocalizado)
SERVIZOS DO PNX, SIRAX E
PROTECCIÓN DE DATOS DAS APLICACIÓNS INFORMÁTICAS XUDICIAIS
1. Protección
de datos nas aplicación informáticas xudiciais, taller práctico.
2. Taller
práctico sobre o SIRAX
3. Taller
práctio sobre o PNX embargos de saldos á vista, exhortos telemáticos
4. Taller
práctico sobre embargos da AEAT, rexistros de pezas de convicción
5.
SISTEMAS DE GRAVACIÓN E SISTEMA
DE ARQUIVOS.
6.
NOVAS TECNOLOXIAS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
7. NOVA OFICINA XUDICIAL E NOVA OFICINA
FISCAL :
Competencias
da xunta de Galicia e do Ministerio de Xustiza- Acortes da NOJ e da NOF- Sistemas de organización
do persoal.-
RPT:
tipos de postos e formas de provisión.- Manual de postos e manual de procedementos
MINERVA NOJ AVANZADO.
REFORMAS NO TRÁMITE DO
REXISTRO CIVIL. Que inclúa tódolas novidades normativas e as resolucións da Dirección
Xeral do Rexistro e do Notariado.
PREPARACIÓN
DA PROMOCIÓN INTERNA . Tal como lles pediu STAJ durante varios anos
seguidos, por fin aceptaron facer cursos para a preparación da promoción
interna, pero ainda non saben orzamentos, non teñen claro o sistema, ni si o
van a dar academias o persoal funcionario que traballen en xustiza, aquí esperamos
que non acudan solo a Xuices- Fiscais e Letrados. Para o tuno libre non van a
facilitar a súa preparación.
CURSO OU TALLER PRACTICO SOBRE
VIDEOCONFERENCIA, outra esixencia de STAJ, van a realizalos en breve
en cada sede xudicial de xeito práctico-presencial.
TITOR- FORMADOR, tamén reivindicado fai anos por STAJ, van a estudiar a
implantación dun titor-formador permanente en cada capital de provincia coa
posibidade de que se mova polo resta de cidades, pero non ven con vos ollos o
de pagar a un/unha compañeir/a que faga de titor-formador en cada xulgado para enseñar
aos que chegan novos. Queren que o
sigamos facendo gratis
WEBINAR, van a estudiar a posibilidade de realizar algúns
cursos a través desde sistema, que como sabedes permite a comunicación directa
co titor, e lle permite a este dar clase a tráves de videoconferencia. Van empezar
cun curso de xeito experimental.
ORZAMENTO DA EGAP PARA XUSTIZA, no ano 2018 o orzamento foi de 54.426 euros para todos
os curso que se impartiron en Xustiza incluidos linguaxe xurídica, este ano
pode ser un 2% máis. Como curiosidade dixeronnos que cada titor cobra 65 euros
por hora nos cursos presenciais e 0,80 euros por hora e por alumno nos cursos
de teleformación.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.