Como
sabedes a maioría dos procesos electorais na Admón de Xustiza a nivel estatal remataron, salvo en catro povincias, nas que
por motivos diferentes se suspenderon as eleccións ou se teñen que repetir. Unha desas provincias é Ourense que
xa ten data da votación para o vindeiro venres
11 de outubro.
Unha
vez rematen tódolos procesos electorais faremos un cadro provincia a
provincia cos resultados de cada unha
delas, e de cada un dos diferentes sindicatos que se presentaron en cada territorio, nese
cadro constarán os sindicatos que
alcanzando os 93 delegados, ou sea o 10% de delegados a nivel nacional, poderán
estar na Mesa de Negociación do Ministerio.
STAJ é de momento o segundo Sindicato por representación a nivel estatal con 222 delegados/as, moi por derriba do terceiro, e tamén o segundo a nivel da Comunidade de Galicia con 12 delegados/as, polo que unha vez máis estará nas dúas Mesas Sectoriais, tanto na de Galicia como na Mesa do Ministerio de Madrid, na que non poderán estar un ano máis SPJ-USO nin AXG-CUT ao non alcanzar o 10% a nivel nacional nin ser dos máis representativos a nivel Autonómico.

Hoxe
deixamosvos un adelanto de como foron os resultados a nivel global de cada
sindicato, a falta desas catro provincias, siñalando as organizacións sindicais que estarán
na Mesa do Ministerio en base aos seus resultados.
Xa sabedes que tanto CSIF, CCOO e UGT ian a estar na Mesa Sectorial de Xustiza do Ministerio aínda que por resultados non alcanzaen o 10% que nos esixen aos demáis, por ser sindicatos que están na Mesa Xeral da Función Pública Estatal, nese mesmo sentido a CIG e ELA sentan na Mesa Sectorial de Xustiza do Ministerio cunha representación que apenas supera o 1% de delegados a nivel nacional, por ser sindicatos máis representativos a nivel autonómico, como vedes a moitos fixeronlle a Lei a súa medida .

En
Galicia poderán sentar na Mesa Sectorial de Xustiza por estar presentes na Mesa de Función Pública Autonómica, CSIF,
UGT, CCOO e CIG ainda que non obtivesen o 10% de representación (8 delegados) algo que
quizá non acaden este ano nin CSIF (5 delegados) nin CCOO (2 delegados), a falta
dos resultados de Ourense.
SINDICATO
|
DELEGADOS
|
CSIF
|
229
|
STAJ
|
222
|
CCOO
|
158
|
UGT
|
91
|
SPJ-USO
|
54
|
ASIJ (Sindicato de interinos)
|
28
|
CIG
|
9
|
AUXG-CUT
|
8
|
OUTROS (JyP, Intersindical Valencia, Cobas, Lab, Ela-Stv, Usipa,
Cgt, Intersindical Canaria, Cesit, etc)
|
87
|