Como xa vos anunciaramos fai unhas semanas STAJ presentou varias demandas en distintos Xulgados de Galicia, demandas que teñen por obxecto que se nos apliquen varios dereitos que a Xunta debe recoñecernos e que non nos están a conceder.
Falamos en concreto do permiso por deber inexcusable en caso dun/ha fillo/a enfermo, non hospitalizado, e que o médico lle recomenda descanso, repouso ou recuperación na casa. Tamén demandamos a posibidade de libranza despois dos 8 dias de gardas de dispoñibilidade, en base a unha Directiva europea e unha sentenza do TXUE. Asimesmo demandamos polo dereito a dispoñer dun moscoso máis, cando os días 24 e 31 de decembro coinciden en dias de semana e estamos de garda de dispoñibilidade, teñamos que acudir ou non a traballar, dereito recoñecido nunha norma da propia DXX e que xa no ano 2016 concedeu a tod@s, e sen embargo este ultimo nadal non admitiu.
O venres pasado nos notificaron a sentenza, a primeira en Galicia, que recoñece como un permiso por deber inexcusable de caracter publico ou persoal e deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral, a posibilidade de cuidar e velar polos fillos/as menores no caso de enfermidade non grave, nas que se recomende mediante informe médico reposo, descanso ou recuperación do menor na casa . Ata agora concedian o tempo necesario para levalo fillo/a ao médico, pero despois para quedar con eles/as na casa debías a coller días de asuntos propios. A sentenza fundamentase na obriga que témolos pais de cuidar e velar polos fillos menores recollida no artigo 110 do Código Civil, o que se considera un deber de cáracter público e privado e que si non se cumple pode ter consecuencias civís e penais para os proxenitores.
A sentenza dispón que no caso de que un fillo/a menor enferme, sen que sexa necesario a súa hosptalización, debemos acudir ao médico, e en base ao certificado expedido polo facultativo que prescriba descanso, repouso o recuperación do menor na casa, solicitaremos o permiso, que pode ser igual en número de días aos prescritos para a recuperación do menor.
A Sentenza no é firme, contra ela cabe recurso de Apelación, e aínda que cremos que a calidade da fundamentación do fallo deixa pouco espazo a súa revisión polo TSXG, esperaremos o prazo de interposición do recurso, e se é o caso, reclamar a súa extensión a tódolos funcionarios/as de Xustiza.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.