jueves, 13 de junio de 2019

STAJ pide de novo que salga a concurso a praza de Xestión do Contencioso 3 de Pontevedra

Acabamos de mandar por fax este escrito á DXX.

Enrique Araújo Martínez, en calidade de Delegado Sindical do Sindicato de Traballadores/as da Administración de Xustiza (STAJ).
        
Despois de que STAJ mandase escrito pedindo a incorporación de mais prazas vacantes a listaxe que nos enviou a Dirección Xeral o pasado xoves, onte recibimos unha nova relación, que si ben aumenta o número de prazas vacantes en varias das que pediu este sindicato, non se reflexa nela a praza de Xestión do Xulgado Contencioso nº 3 de Pontevedra, vacante dende outubro do ano pasado por xubilación da súa titular.
        
As información que nos facilita a Dirección Xeral de Xustiza  é que quere reservar esa plaza para a adscripción provisional dun dos tres xestores que están desenrolando labores de letrados substitutos, e cuio destino é a cidade de Pontevedra.
        
Descoñecemos en que normativa se regula esta reserva de plaza, que quere facer por primieira vez a Dirección Xeral, para o persoal do Corpo de Xestión que fai labores de letrado sustituto. Nin la Ley Orgánica do Poder Xudcial, nin no Regulamento de Ingreso Provisión de Postos de Traballo e Promoción Profesional do persoal ó Servizo da Administración de Xustiza( R.D. 1451/2005) se dispón que se lle reserve a este persoal, e polo tanto non saia a concurso, unha plaza vacante.
        
O que di o artigo 70 do noso Regulamento (R.D. 1451/2005), cando fala do reingreso do Corpo de Xestión que houbesen cesado como secretarios substitutos, é que se adscribirán con carácter provisional a un posto do seu Corpo no mesmo Municipio donde servían antes do  seu nombramento como letrados substitutos. Sigue decindo o mesmo artigo, no seu punto 3, “que gozarán de dereito preferente para ocupar un posto de traballo xenérico na localidade donde se encontren adscritos, a primeira vez que esos postos se anuncien a concurso de traslado. Si non chegasen a ocupar tales postos de traballo por concurrir con outros funcionarios tamén con dereito preferente, que lle foran adxudicados, continuarán en situación de adscripción provisional hasta tanto non se lles poida asinar un posto de traballo definitivo na localidade de adscripción”.
        
Como vemos, a normativa aplicable recoñece o dereito de este persoal a que se lle adxudique en concurso unha praza dentro da localidade onde tiña o destino, pero NON a que se lle reserve unha das plazas vacantes que debían salir a concurso, para que poidan ser adscritos provisionalmente, no momento do seu cesamento como letrados substitutos, ata que obteñan unha praza definitiva no concurso de traslados correspondente. Polo tanto, a normativa aplicable solo fala de reserva de praza unha vez que se publica o concurso para otorgarlla con preferencia o resto de participantes no mesmo, pero non dispón a reserva de praza para adscripción mentras tanto non obteñen unha praza defintiva no concurso.



Temos que ter en conta que ahora mesmo na cidade de Pontevedra hai tres xestores facendo funcións de letrados substitutos, e hai dúas prazas nas que foron titulares dous deses xestores, que sí están reservadas e sen sair a concurso, e que consideramos suficientes para o caso de que algún deles cesase na súa función de letrado. Resulta moi improbable o cesamento dos tres nas mesmas datas, ou en datas próximas, e debemos tamén ter en conta as posibles vacantes que se xeneren a partires da publicación do concurso de traslado de este ano, para poder adscribir a este persoal según vaia cesando ó longo do ano, se fose o caso. Resulta que se está tomando unha medida precautoria de dudosa legalidade,  que non fai falta aplicar e que causa perxuizos innecesarios, sendo moi probable que en nada beneficien aos xestores interesados.

Aparte de estar a xenerarse unha circunstancia non regulada pola normativa aplicable, esta medida perxudica e resulta un agravio comparativo para os demais xestores/as ós que lle podería interesar obter esa praza como titular no vindeiro concurso, ademáis tira pola borda dous dos principios que deben rexir calquera proceso de mobilidade dentro da función publica, a transparencia e a igualdade.

Tralo exposto, SOLICITO:

Que se amplie a relación de vacantes que se van a enviar ao Ministerio para a próxima publicación do Concurso de Traslados, incluíndo a praza de Xestión do Xulgado do Contencioso- Administrativo nº 3 de Pontevedra.

Pontevedra a 13 de xuño de 2019.

DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA.- Rúa de Madrid 2-4, 2º andar.- SANTIAGO DE COMPOSTELA



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.