martes, 25 de junio de 2019

GRAZAS POLA VOSA CONFIANZA!!!

STAJ  presentouse por primeria vez as eleccións sindicais en Galicia no ano 2011, solo na provincias de a Coruña e Pontevedra, obtendo uns magnificos resultados no noso debut con 7 delegados na comunidade, aínda que sen representación na mesa sectorial autonómica, nin representación nas provincias de Ourense e Lugo.
                            
Xa no ano 2015, STAJ  convertese na quinta  forza sindical por numeros delegados/as no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia, pasando de 7 a 10 delegados, conseguindo o terceiro posto por numero de votos, e obtendo representación en tódalas provincias galegas, representación que acadamos con medios personais moi inferiores en numero ó resto de organizacións sindicais, con tan só 3 liberados para toda Galicia, e como consecuencia disto, estivemos presentes na mesa sectorial de negociación .

Nesta últimas eleccións   consolidamos  o  crecemento,  e a  falta  dos resultaos na provincia de Ourense,   xa   conseguimos  medrar  3  delegados/as  con  respecto  ao  conseguido  nas  tres provincias  galegas  no  ano  2015.  Sabemos  que  esto  é  máis unha carreira de fondo que de velocidade, e con esa convicción traballamos en Galicia, sen triunfalismos, sen demagoxias, con coherencia e sen enganos.

Dende STAJ agradecemos unha vez máis a confianza que os funcionarios/as de Xustiza estades depositado neste proxecto sindical, o único independenteespecífico de Xustizanon subvencionado e de carácter nacional, integrado solo por funcionarios/as de Xustiza.

O noso compromiso a partir de agora será administrar este resultado con modestia e co maior rigor, traballando para seguir avanzando na consecución de novos obxectivos para a mellora das condicións de traballo de todos os traballadores/as da Administración de Xustiza, así como no logro de retribucións dignas e non discriminatorias con respecto ao que se cobra noutros territorios.

Deixamos cadro de resultados nas tres provincias, con compariva dos obtidos nesas mesmas provincias no ano 2015,  en Ourense  as votacións  celebraranse o 9 de outubro.

   

PONTEVEDRA
A CORUÑA
LUGO
TOTAIS   2019
ANO  2015
SPJ-USO
7
5
3
15
13
STAJ
8
3
1
12
9
CIG
2
3
4
9
7
UGT
1
5
2
8
8
AXG-CUT
5
2
1
8
10
CSIF
0
3
2
5
9
CCOO
0
2
0
2
3