viernes, 31 de mayo de 2019

Proceso selectivo: Promoción interna



O Ministerio confirma que as datas para realizar os  examenes  de promoción interna aos  Corpos de Xestión e Tramitación  Prcocesual, serán os próximos  dias 29 e 30 de xuño, respectivamente. Sendo estas datas definitivas, salvo causas non previstas de forza maior.

As listaxes provisionais sairán xunto coa convocatoria de exames, uns 15 días antes de que estes se celebren.

Como non haberá listas definitivas, aqueles que sexan excluídos nas listas provisionais poderán concorrer aos exames pero, o seu resultado quedará condicionado á efectiva corrección da causa que motivase a súa exclusión.

Tamén informa o Ministerio, que se pode dar o caso de que, debido ao escaso número de peticións para presentarse á realización de exames nun determinado territorio, poida quedar  excluída algunha sede, pero en principio, a previsión é de que se manteñan todas aquelas que foron publicadas.

Non hai maneira, seguimos cunha total ineptitude. Parece que no Ministerio deciden os máis inútiles.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.