Publicados novos avisos de desocupación de postos que se
ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 25
de abril de 2019.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa
cobertura en substitución vertical ou horizontal.
De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal
funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo
activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia
a tramitación das substitucións verticais, e
dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados
na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de
traballo que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por
ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as
súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do
correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de
que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en
conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na
solicitude.
A información sobre os postos ofertados pode consultarse
no documento Avisos de desocupación
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.