miércoles, 10 de abril de 2019

Médicos Forenses: convocase unha Comisión de servizos para ocupar o posto de xefe/a de Sección da área de clinica médico-forense da Subdirección Territorial de Ourense do Imelga

A Dirección Xeral de Xustiza publicou onte na Intranet a resolución de 1 de abril de 2019 pola que se convoca a provisión temporal do posto de Xefe/a de Sección Area Clinica Médico - Forense do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) Subdirección Territorial en Ourense, mediante Comisión de servizos. 

Poderán solicitar esta Comisión, con exención de funcions no seu posto actual, os/as funcionarios/as de carreira pertencentes ao Corpo de Médicos Forenses, en activo, integrados no Imelga na data en que remate o prazo de presentación das solicitudes e as manteñan ata a resolución definitiva de convocatoria.

A solicitude debera axustarse o modelo do Anexo II que se adxunta a resolución de esta convocatoria e deberá remitirse co visto e prace do superior funcional a Dirección Xeral de Xustiza vía Fax (para axilizar a súa tramitación), ademais tamén a podrán presentar nos rexistros administrativos da Xunta de Galicia coa documentación xustificativa do curriculum vitae, ou en calquera das formas previstas no artigo 38 da lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O PRAZO DE PRESENTACIÓN  DAS SOLICITUDES SERÁ DE CINCO DIAS HABILES DENDE  HOXE.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.